Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Escrito do colectivo “Por Nuestro Faro” ao Alcalde de Ribadeo


Licenza de apertura e promesa incumprida por parte do Concello do acceso público; documento de Puertos (o a súa ausencia) que xustifique o peche ata o de agora da illa; variación de hotel a apartamentos e as súas implicacións legais…
A tramitación segue chea de furados, así como as actitudes dos “implicados”…
O escrito a continuación, que recolle só algún dos furados foi presentado onte no Concello:

Sr. Alcalde de Ribadeo


O pasado 26 de novembro de 2016 os medios de comunicación difundían
unha nota do Concello de Ribadeo en relación cas licencias de obra e
actividade para a reforma do faro da Illa pancha con destino a “Hotel”.
Na nota sinálabase que o concello exixiría o acceso libre á illa como
condición para conceder a licenza de actividade.


Pasados cáseque 20 días dende a apertura do devandito estabelecemento agradeceríamos que nos facilitase a seguinte información:


1.- Se xa se concedeu a licenza de apertura e neste caso se decaeu a
condición de acceso libre que obviamente non se está a cumprir a día de
hoxe.


2.-Se ainda non se concedeu a licenza de apertura cales son os trámites pendentes e en qué prazo se agarda cumprilos.


3.- Habida conta que finalmente o estabelecemento devandito non é un
hotel, nen ten os servizos nen o persoal propio dun hotel (so un posto
de traballo), e se a licenza de obra e a concesión da autoridade
portuaria fan referencia expresa e repetidamente a un “Hotel”, pero o
que está funcionando son dous apartamentos quixeramos saber se é
legalmente viable conceder a pertinente licenza para unha actividade
sustancialmente diferente da que figuraba nos proxectos e documentos que
figuran no expediente.


Pola outra banda o Colectivo “Por Nuestro Faro” ven de dirixir o
escrito que adxuntamos á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao
solicitando unha copia do expediente administrativo que permitiu, no seu
día, o peche ao público da porta de acceso á illa, dado que en caso de
que non exista o devandito expediente por partir dunha orde verbal ou,
en caso de existir non axustarse á lexislación vixente entendemos que
debera exixirse o cumprimento inmediato do artigo 27,1 da lei de Costas
que estipula a “servidumbre de tránsito” nunha franxa de seis metros
por fora da línea de delimitación marítimo terrestre e onde non proceder
á clausura indefinida do estabelecemento por parte do Concello de
Ribadeo.

Costa arredor da illa Pancha, no Google Maps

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *