O colectivo “Por Nuestro Faro” ven de remitir ao Defensor del Pueblo o escrito que publicamos deseguido e que está colgado na nosa páxina e na ribadeando. As deficiencias no expediente que reiteramos agora xa foron expostas o Defensor na nosa primeira denuncia pero agora complétanse cun estudo máis polo miudo e a perspectiva do tempo transcorrido. Caese do seu peso que os cálculos económicos, que serviron de base para a concesión, incluían unha cafetería que hoxe non existe. Pola outra banda os terreos calculados na concesión son seis parcelas que suman 500 m2 (incluindo o edificio do faro) pero non se contabilizaron os 4376 m2 da Illa de uso exclusivo para os clientes.
Remitimos este escrito ao concello de Ribadeo pedíndolle que o estude sen agardar á resposta do Defensor, e que asuma a súa responsabilidade administrativa e política sen delegar as súas competencias na Xunta de Galicia ou na Autoridade Portuaria. Entendemos que un estudo sosegado, desinteresado e obxectivo destes prantexamentos impediría seguir adiante con este expediente e dar a licencia de apertura, situación á que non se houbese chegado se houbesen escoitado antes outras opinións.
Acceso ó escrito remitido:
https://www.scribd.com/document/341223630/20170307-Por-Nuestro-Faro-A-Defensor
http://issuu.com/agremon/docs/20170307_por_nuestro_faro__a____def
Ou ben, lectura directa:
20170307 Por Nuestro Faro (A) Defensor by Antonio Gregorio on Scribd