Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

As Catedrais: cando as barbas do teu veciño…


… vexas cortar, pon as túas a remollar.

Hoxe, esta mañá, a erosión mariña fixo que a atracción estrela de Malta colapsara. A ‘ventá azul‘ xa non existe. Un lugar que lembraba ás catedrais (un único arco visitable, de 28 m de alto e case o mesmo largo ou longo) colapsou. Non porque caera o arco en si, senón o pilar que o soportaba pola parte do mar.

 Imaxes, foto e ilustración, con orientacións semellantes, en 2013

Ex-Azzure Window, hoxe:

O proceso é natural: erosión mariña que desgasta. O resultado, unha perda turística de primeiro orde para a zona. O mesmo proceso que rematará coas Catedrais (aínda que aquí haberá a vantaxe de que ó ser varios arcos, será unha cousa escalonada).

E ben, cres que en Malta estaban preparados para unha perda de ingresos turísticos así? Traslada agora o feito ás Catedrais. Canto tempo cres que durarán como se poden ver hoxe? Estará a zona preparada? E, pódese facer algo por retrasar o colapso? E por desfrutar do que temos á nosa beira?

Por certo, esta destrución é inevitable, pero hai outras que si se poden evitar, que están nas nosas mans. Por que non evitalas?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *