Despois da entrada do día 11 do mes pasado sobre o movemento do porto de Ribadeo, ten chegada unha nova entrega de dados portuarios, esta vez sobre o mes de xaneiro. Serían, segundo os xornais (e suponse que segundo a correspondente nota de prensa -ver máis abaixo-), 37 500 Tm estibadas no porto comercial de Ribadeo en xaneiro.
Aproveito o dado para facer unha comparación coa media mensual doutros anos:
Aí vese que (aínda coas inexactitudes xa apuntadas no artigo anterior máis a pouca significación do dado dun único mes deste ano), o porto de Ribadeo tende a consolidar unha baixada lenta de mercadorías. E, lembremos, seguen a estar vixentes a rebaixas sucesivas realizadas no seu momento a ENCE.
Con iso, Ribadeo segue aínda á cabeza dos portos autonómicos en mercadorías estibadas. Non se sabe se en valor, que, para Portos de Galicia en conxunto, din que aumentou un 9% interanual (en facturación). Tamén seguimos sen coñecer o conxunto de valor xerado plo porto, e… e en xeral, sen datos para ter unha perspectiva de pobo sobre o propio porto. Portos de Galicia ten unha web onde aparecen os informes de xestión (en teoría, por cita dos xornais, de onde se sacou a información das 37 500 Tm), onde o último informe cargado, a día de hoxe, é o de 2013, que foi cargado en … 2015.
Unha última cousa: lembrar que Portos de Galicia ten titularidade sobre os ‘portos menores’ da comunidade, non sobre o porto de Vigo ou da Coruña, por poñer os dous exemplos máis relevantes. Nin sobre instalacións ou dominios achegados ó traico marítimo como as situadas na illa Pancha, dependente a traverso da adminsitración de Puerto de Ferrol-S. Cibrao, de Puertos del Estado.
—
A continuación disto:
Ver tamén no blog de O Tesón.