Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ah! Se xa pasou! Claro, estamos no antroido…


Onte foi polo día de Rosalía. Foi que? Foi… o que fora. E si, houbo movida. Nos centros educativos, algunha nova na prensa… Mais que Galicia está a desgaleguizarse é algo que se palpa nos actos convocados e a participación que acadan. Claro que non é só que se estea a desgaleguizar. Pero isa é outra cuestión.

Onte, no cine teatro, representación polo día de Rosalía. Unhas 50 persoas. Lectura do manifesto e ‘Un té con Kant‘. Por certo, Hai 4 anos, entrada na Coruña para a obra de teatro, 5 €. Onte, 4€

Hoxe, presentación do antroido. Coido que non fará falla correr a cortina para diminuír o aforo percibido no cine-teatro. O certo é que onte parecía máis pequeno.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *