Foto cedida por Suso Fernández
A escavadora facendo traballos na illa, fóra do edificio? Permitida? Que nós saibamos, non. Zona Natura e diversas proteccións, fóra. A Porta? Non ten importancia. O peche da Illa? Culpa de ‘Por Nuestro faro’, claro, incluído todo o tempo que leva cerrado dende hai anos. A illa ‘non é de ninguén’, verdade? A administración pode facer o que queira, total, é un ben común que non defende ninguén… Puertos? Puertos non ten que responder diante de ninguén, é un organismo autónomo! A Xunta? A Xunta non ten incumbencia, di. O concello? O que lle importa non é a illa, senón que poda entrar a xente, parece. Claro que se concede o permiso para a cafetería, xa está o detalle solucionado. Quen se encarga da revisión das obras? E por que tería que revisarse precisamente esta obra? Como se non houbera por aí outras obras que revisar!
… fai falta que siga? Que lembre que a administración está ‘administrando’ un ben común, que non é do ‘estado’, senón de todos nós? Que hai múltiples defectos de forma, omisións, retrasos, mentiras… detrás deste tinglado? Que hai interese persoal do Presidente de Puertos del Estado para que saia adiante un hotel de dúas habitacións como símbolo de que a súa proposta, realizada hai anos e que non ten polo momento ningunha mostra de funcionamento, marcha?