Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Tres momentos dunha porta que cerca un ben común


1.Ata novembro 2016. Xa estaba a illa cercada, mais aínda quecaba a ilusión de que era de todos:

2.Co comezo da privatización… Rompendo a porta, rompendo a illa (novembro 2016):

… é que non podía pasar o camión para facer a obra no faro, e nas pequenas cousas (ou nas grandes) debe primar o ‘progreso’ sobre a historia, a natureza ou a sociedade.

3.Martes, 7 de febreiro de 2017. Reconstrución? Non, ‘adaptación’:

Pequenas cousas que se van acumulando, consolidando o cercamento e a privatización dun ben común. O territorio forma parte fundamental da identidade  das persoas. Estamos a perder territorio, o noso territorio, e con el tamén estamos sendo cercados nós, perdendo un pouco da nosa identidade.

Outros artigos sobre a privatización de Ribadeo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *