Despois de diversas embestidas das novas sobre a demografía en Galicia, ven unha e outra vez a nova do anuncio de medidas para evitar a debacle poboacional en Galicia. Así, de xeito illado, como se non existiran cousas como a emigración, condicións económicas e de traballo ou mentalidade. Como se abondara con dicir algo como ‘neniños, procreade’. Por suposto (queda moi lonxe das ideas dos nosos gobernantes) sin considerar tampouco a presión sobre recursos, o seu uso adecuado ou a súa distribución. En Galicia hai tempo que a pirámide de poboación deixou de ter forma de pirámide. Mesmo en España. O gráfico que deixo é a pirámide de poboación feita polo INE cos datos do censo de 2011, expresando en porcentaxes a contía dos grupos de idade, para españois e extranxeiros residentes, onde se ve que a abulia procreativa foi avisada hai uns 50 anos, e evidente hai uns 40 a nivel España. E, de paso, vese tamén como os extranxeiros residentes en España están de xeito moi maioritario na zona 25-45 anos, contribuíndo ó tecido produtivo e ben pouco ó uso de asistencia social.
Noutra entrada falremos máis da relación da pirámide poboacional en Ribadeo, Lugo, Galicia e España ó longo do tempo…