Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Pago por control


Pagar por controlar. Que paguemos (todos) porque nos controlen (algúns). O último episodio veciño, As Catedrais.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a semana pasada, no DOG, fixo o anuncio:

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, para a contratación do servizo de actuacións de ordenación do uso público e divulgación dos valores naturais do monumento natural da Praia das Catedrais, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Está claro, emprego de fondos enuropeos para o desenvolvemento para que unha empresa privada se encargue do control no acceso e folletos de divulgación nas catedrais. Poden obterse máis datos nos pregos, que istos si se poden verna web, non como sucedeu coa Illa Pancha, e visto que non se sxixe unha clasificación de actividade determinada para acceder ó contrato, que IVE incluído, representa 150 645 € para unha duración de 23 meses a partir da súa resolución (meses que non son contínuos, pois o control non se extende a todo o ano e a propaganda non hai exixencia tampouco de facela continuada).

Catro guías, catro peóns e dous educadores serán a plantilla que, de xeito discontínuo, atenderá ata a semana santa do 2019 as labores. Sabes o persoal que había o ano pasado? Sabes que no verán pasado pasaron case 250 000 persoas polas catedrais?

Son páxinas abondo para comentar de xeito breve. Por iso quédome cun detalle curioso, aparentemente sen importancia, para facer boca: os pregos de cláusulas administrativas teñen un peso dixital 4 veces maior en galego que en castelán (hai o ficheiro nos dous idiomas). Por?

Por certo, a nova saiu o día de Reis nos xornais, para quen quera consultar que poñían en relación a isto.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *