Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2016

  • A catedral da contradición

    Onte e hoxe as Catedrais son nova. Onte, polo anuncio no DOG de que a aprobación do plan especial de protección das Catedrais non vai sufrir retrasos por cuestións medioambientais tras facer reformas menores. Hoxe, pola rodaxe de ‘A lenda do mar azul’ nas Catedrais. A foto corresponde ó acompañamento da nova de hoxe na…

  • Plan Catedrais

    Se tes algo de interese no futuro das catedrais (e con el, da zona enteira), tes lectura: O anterior é unha captura de pantalla coas ligazóns aos datos do plan que aparecen na web da Consellería de Medio Ambiente. Remata de publicarse no DOG o informe ambiental estratéxico. Iso di a web, aplicando unha nova…

  • Historia electoral autonómica de Ribadeo

    A evolución de voto en Ribadeo ten algunha curiosidades. Non atopei polo momento datos detallados de antes do 1993, mais coido que aínda así, e deixando aparte motivos e circunstancias, centrándonos só nos números. O primeiro é a variación que case se pode considerar errática do censo, con subidas de preto do 5% dunha a…

  • Resume de catro anos: Feijoo Arrasa. Manual para o día despois

    A parte resumida é dun titular da Voz. A introdución do título púxena eu como interpretación. A un arrase de catro anos correspóndelle outro arrase, de sentido ben diferente, nunhas votacións. Necesitamos un ‘manual para o día despois’. A primeira tentación foi algo como: 1.Emigra. 2.Se non podes, Queda na casa dentro de catro anos.…

  • A piques de rematar o escrutino

    A estas alturas, co 100% do reconto feito en Ribadeo, xa está claro que en Ribadeo 1/3 do electorado votou ó PP, só un pouco por baixo dos que se abstiveron, redondeando, tamén 1/3. En Marea, con algo máis de 1/10 queda como terceira forza, o PSOE, con case exactamente 1/10, cuarta, e o BNG,…

  • Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016: previo

    Despois de cargalas na Galipedia, por orde alfabética paso ó blog as papeletas entre as que se está podendo escoller aínda agora para votar hoxe. os resultados, máis tarde…

  • Reflexiona!

    O certo é que reflexionar por mandato cando durante catro anos case se diría que tentan impedir que reflexiones… implica como mínimo que seguramente non terás en forma esa facultade, e seguramente tampouco estarás rodeado de condicións idóneas para facelo. Medita, reflexiona, mais de xeito continuado, non nas ocasións que te indican (indican cando, mais…

  • Equivócome?

    Por favor, compara as tres fotos e di se o diario asturiano está empregando unha foto das catedrais, que non son Asturias, sen dicilo que o son e tentando disimulalo para promocionarse. Estou equivocado?

  • Propaganda / actualización

    Despois dunha primeira avaliación de propaganda electoral para as eleccións autonómicas galegas 2016 feita o domingo, faigo unha recensión a mércores pola tarde /actualización venres á mañá. Nestes momentos, por buzón ou en man, chegaron á nosa casa sobres con papeletas de BNG (3) (dous en man en un por correo, posterior, que motiva esta…

  • Apuntando cousas para os políticos

    Onte mesmo un amigo comentábame da actualidade da mobilidade en Pontevedra (cidade gobernada polo BNG, ó igual que Ribadeo -en ‘cor do equipo de goberno’-) e hoxe, pola web, recibo unha ligazón que afonda no mesmo. Curiosamente, como é típico destas iniciativas, nótase que pola razón que sexa, no mapa da ‘Rede de cidades pola…