Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2016

  • Unha acta que nos atinxe sobre a vellez vista dende aquí

    Onte venres houbo unha tertulia en viveiro na que participou José Mª Rodríguez, impulsor da residencia que está a piques de rematarse en Ribadeo. A raíz do que aparece a continuación, dicir que non houbo sorpresas: houbo constatacións. E iso é importante, evidenciar o que está a suceder, para interiorizalo e actuar en consecuencia. Velaeiquí…

  • Mañá publicarán os medios sobre o bastón de mando do pobo

    Nun prazo non moi longo, os concellos serán restruturados. Iso nos levan dicindo xa un quinquenio, ao menos. E, daquela, é probable que o actual Ribadeo e o actual Trabada queden englobados nun mesmo ente ‘local’. Por iso, esta nova afecta de xeito directo a Ribadeo, aínda que se producira esta mañá en Trabada. Escudo…

  • O peso da fama

    Os culebróns producen fama machacona nos particpantes: tanto saen na pantalla que a súas caras asócianse por repetición á relevancia. É algo ó que, nun mundo dominado pola imaxe, estamos afeitos. E non nos sorprende, aínda que ás veces debería. A conto da información en papel onte nalgún xornal, na que o alcalde se manifestaba…

  • 50 días

    Tempo abondo. Mais non para o concello. De novo o concello de Ribadeo queda mudo. En contraposición ás notas de prensa, cando se lle pregunta algo, o normal é a calada por resposta. Por eso, hai que insistir unha e outra vez para lograr un mínimo xa non de participación, senón de información. Veu pasando…

  • O antroido de cinco minutos

    Non importa que fora fóra de tempo. Tampouco que fora con proveito para alguén e merma para os máis. Foi unha antroidada que se viu despois como tal. E que segue a evoluír na nosa cabeza. Si, refírome ó ‘Pequeno Nicolás’, máis famoso en Ribadeo que o 90% dos premios Nobel, por poñer unha comparación.…

  • Nota de prensa do Grupo ‘Por Nuestro faro’ sobre o ‘Catálogo das paisaxes’

    Fronte do grupo en Facebook O pasado 12 de febreiro, tivemos coñecemiento polos xornais do inicio da fase de información pública do « Catálogo das paisaxes », trala súa  aprobación polo Consello da Xunta. A « Lei do Solo », aprobada esa mesma semana establece no seu artigo 30 a categoría de « solo rústico de especial protección paisaxística », unha…

  • Coñeces os espazos naturais protexidos de Ribadeo?

    Está ben que se usen como atractivo turístico, mentres non resulten danados. Pero para mantelos así, os ribadenses necesitamos coñecelos tamén, para poder aprezalos nós en primeiro lugar. O pasado día 5 de febreiro foi o día dos humedais, pero en xeral pouco deu que falar nunha terra onde teñen a súa importancia, e non…

  • Unha queima do antroido de Guinness

    O sábado non se queimou o antroido. Non foi polo mal tempo, a pesar da nota emitida. Non. Sinxelamente, non podía competir co antroido a nivel estatal que se montou e queimou (en parte) esta fin de semana. A queima deixou á vista a estrutura do boneco. Os soportes quedaro ó aire, a cabeza voou…

  • Forzas da natureza contrapostas

    Estes días, tras o temporal, estamos afeitos. Un vídeo do temporal en Rinlo o pasado día 8 de febreiro de 2016 como o que me chegou por correo electrónico (vin noutro lugar que lle atribúe a autoría a Cecilia de Lamas) da mostras das forzas da natureza. Por suposto, non é a primeira vez que…

  • ‘O noso modelo de negocio baséase nas persoas’

    A traverso dunha entrada de Santiago Fernández-Reinante Salvatierra en LinkedIn chego á publicación ‘Excelencia empresarial’ (descargable), que na súa p. 8 titula de xeito semellante unha entrevista a ‘Roberto Ramos Piñeiro, CEO Serviocio‘ e concelleiro polo PSOE en Ribadeo. Un pequeno resume: 28 centros deportivos xestionados, 120 000 aboados, 940 empregados… Quen queira máis información,…