Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2016

  • Levantando as catedrais?

    Hai unha semana unha nota de prensa do concello daba pé a unha nova sobre o ben que vai todo en relación ás Catedrais, o seu futuro e o seu aproveitamento: “as liñas nas que estamos traballando en todos estes meses dunha maneira discreta e silenciosa para ir avanzando no proxecto“, enfatizaba a nota. Eses…

  • O RELOXO DE RIBADEO, artigo de Pancho Campos Dorado

     Buscando no Arquivo do Concello de Ribadeo datos sobre algúns temas nos que estamos interesados, atopeime cunha serie de notas dende o ano 1563, sobre acordos que se fan na “casa del relojero” e reparacións dun “Relox” que había en Ribadeo, supoño que sería o da Torre do Reló, pois son pagos do Concello o…

  • Camiño ó centenario da Torre dos Moreno

    Hai xa cen anos que a Torre dos Moreno se comezou a construír. Cara finais de 1915 ou comezos de 1916, a obra estaba en marcha (ver por exemplo o artigo de Ernesto Cruzado na edición da ‘Gaceta Ribadense’ especial para ‘II Festa Indiana’ na que aparece a copia dunha petición para o inicio das…

  • Comezando a historia da Banda Municipal de Ribadeo

    Xa hai novo sitio web da banda Municipal de Ribadeo e Amadores da Música. Coido que quen queira información, pode comezar por aí. Deixo só a miña contribución á web: Comezando a historia da Banda Municipal de Ribadeo A banda naceu… Non, hai que comezar antes: a banda municipal de Ribadeo tivo un caldo de…

  • 8M. Reivindicando outra celebración

        Día da muller traballadora. Para reivindicar a muller mediante o seu dereito ó traballo? Arco da vella, imaxe de esperanza     Coido que nunha lóxica capitalista, onde uns poucos non necesitan reivindicarse co traballo porque teñen capital, a reivindicación polo traballo vai como anel ó dedo ó pensamento hexemónico: somos se temos traballo asalariado,…

  • De Burela a Lugo, pasando por Ribadeo, en man

    ‘O sistema’ é corrupto. ‘O sistema’ está a facer dano ó planeta’. ‘O sistema’ é ineficaz. E chega ó absurdo. Ás veces parámonos en cousas moi grandes para decatarnos que ‘o sistema’ está moi mal, en cousas ou casos que, dicimos, quédannos grandes para solucionalos, e deixamos por exemplo que unha multinacional poda querellarse –…

  • A santidade en Galicia. Por que será?

    Por medio dun contacto na rede, chego a este mapa: Collido de http://biqdata.wyborcza.pl/files/files/QaWZNI0u3X.png, onde se recomenda ir para ver con máis detalle. Especifica con puntos vermellos os lugares que teñen un ‘santo’ (a verba que corresponda en cada lingua) no seu nome. Coido que chama a atención a profusión de cor vermella en Galicia, que…

  • Ribadeo contratará!

    A nova: Ribadeo “contratará a tres informadores/as turísticos e tres operarios de medio ambiente (…) comezarán a traballar a vindeira Semana Santa“. Comezarán … e rematarán. Como entradilla do título da nova do concello aparece que o punto de atención estará aberto do 19 ao 27 de marzo. Vale, non só son eses 9 días,…

  • RIBADEO EN BICI

    #ribadeoenbici Un grupo de usuarios da bicicleta, decidimos facer todos os venres primeiros de cada mes, unha concentración no Cantón dos Moreno como xeito de reivindicar espazos de uso para as bicicletas e facernos visíbeis ante o resto dos vehículos con os que temos que convivir día a día. Queremos dar a entender que os…

  • Nota de prensa de O Tesón: asemblea e cese de actividades

    Nota de Prensa 20160302 Conforme ó previsto, a AVV O Tesón enfronta o sábado 12 de marzo unha xuntanza crucial para o seu futuro. Polo momento, a pesar dos avisos e esforzo da actual dirección, non hai recambio, polo que, de non haber sorpresas de última hora, a asociación vese abocada a unha suspensión de…