Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2016

  • A ADUANA VELLA DE RIBADEO. Artigo de Francisco José Campos Dorado

    En Ribadeo hai varias casas blasonadas, esto é, con escudos de armas nalgunha das súas paredes cos blasóns da linaxe que pertenceron ó señor que as mandou construir. Unha delas é a chamada Aduana Vella sita no muelle de Porcillán. Este vetusto edificio, con dous amplos balcóns en voladizo sobre a fachada que resaltan o…

  • Unha folga? Así, sen máis?

    Atopo no correo a relación de estudantes en folga hoxe e mañá no IES de Ribadeo. Os pequenos tiveron que traer asinado da casa un papel polos pais, os grandes poden decidilo por eles, no caso dos de idade media (sempre falando de ensino secundario) os pais son avisados da folga. En calquera caso, terán…

  • Yanis, tes que comprendelo

    Nun dos descansos, un ministro intentou tranquilizarme coas seguintes palabras: “Yanis, tes que comprender que ningún país pode ser soberano na actualidade. De xeito especial, se se trata dun pequeno e en bancarrota, como o teu”. O anterior saqueino do adianto editorial do libro de Yanis Varoufakis ‘E os débiles sofren o que deben’. Non…

  • Coñeces EDES?

    É posible que amoita xente da que se poña a ler isto non coñeza EDES, a fundación EDES. Por iso, o cartel a continuación pode soar a algo frívolo. Se así fora, frívolo, non creo que o puxera a non ser para denostalo. Por partes: é o próximo sábado. É unha cea. É na Veiga,…

  • Revolución global. Pequena reflexión.

    Cinco anos, máis ou menos, é o tempo que comezamos a ser conscientes por estes lares do que levabamos vendo dende comezos de século: nun lugar primeiro, logo noutro, noutro… se van producindo e reproducindo protestas con formas cada vez máis recoñecibles e familiares, que en xeral non teñen por que chegar a causar o…

  • Nota de prensa: XUNTANZA DA PLATAFORMA PRO RESIDENCIA DE RIBADEO

    Hai case dous anos, o día 24 de xuño de 2014, colocábase a primeira pedra da nova residencia. Dous anos nos que o novo edificio foi tomando forma e aspecto, tanto no seu exterior como no seu interior. Neste tempo as obras foron visitadas en repetidas ocasións pola Comisión Municipal, formada polas forzas políticas locais…

  • Alegación ao Catálogo das Paisaxes de Galicia

    Deixo embaixo a nota de prensa que estes días enviou ‘Por nuestro faro‘: O colectivo “POR NUESTRO FARO” ven de remitir unha alegación ao Catálogo das Paisaxes de Galicia, na que se incluiron algúns espazos singulares de Ribadeo, como son a Illa Pancha especialmente amenazada por un proxecto de hotel, cafetería, aparcamentos, etc e outros…

  • Os abelleiros atacan de novo

    Entérome pola rede de que os abelleiros de Ribadeo fan unha actividade pro abellas. Sei que está programada como anti-velutina (ver cartel), pero na realidade é en defensa das abellas. Coido que o cartel é abondo explicativo e resume moi ben o que se vai facer. Coido que non é necesario nin lembrar cousas como…

  • UNHA VELLEZ EN SOIDADE. Artigo de J.Mª Rodríguez

    Copio do blog de José Mª: Aí están. Sós nas súas casas. Ese é o seu destino. Vellos sen familia. O froito dunha sociedade de progreso. Vellez en soidade. Dise que “de vello dúas veces neno”. Pro nas súas vidas non hai nenos que lles fagan rir e lembrarlles a súa propia nenez. Están sós.…

  • Ribadeo e o catálogo de paisaxes

    A comezos de semana publiquei sobre o catálogo de paisaxes. Dende aquela, naceu un movemento para a inclusión nese catálogo de varios puntos de Ribadeo non incluídos nel. A ver que che parece a súa inclusión. Embaixo deixo un modelo imprimible a tamaño normal, e, antes, o texto correspondente e algún comentario, usable co ‘corta…