-
Martes 20, pleno: convocatoria
Moito anuncio. Despois de avisar do pleno, agora na web do concello aparece a convocatoria (abaixo), o escrito para pedir médico de familia (coido que o que dá orixe ó novo anuncio nas ‘novas’ do concello) e, acompañando, os comentarios pertinentes, que onde se poden dar abondos xiros, reviravoltas e aproveitamentos á situación. De calquera…
-
Bebe+, muller
Din que case a metade da xente de 15 anos en Ribadeo bebe alcohol. Unha enquisa actual, segundo parece. Problemas co botellón… Mira a enquisa de hai xa preto de catro lustros: a terceira parte da xente nova emborrachábase ‘de cando en vez’, mais outra décima parte facíao a cotío. Media de idade da enquisa:…
-
Martes 20, pleno: 870 €/ribadense
Por fin. Un pleno avisado con cinco días de antelación. Coido que é o máis importante dun pleno que é de por si importante, pois del van depender o orzamento, e polo tanto, o gasto, do próximo ano. Porque permitirá a quen queira asistir, se non participar, ao menos chegar ó primeiro nivel desa participación,…
-
Foto natural, propaganda… artificial?
Que máis natural que dúas persoas calzándose? Aínda que sexa patíns de xeo. A foto acompaña á penúltima nova deste Nadal, coa apertura da pista de xeo ACISA–Concello de Ribadeo: Ribadeo contará este Nadal, por segundo ano consecutivo, con pista de xeo natural, que estará situada no parque de San Francisco do 17 de decembro…
-
O fume do tren veu para quedarse en Ribadeo
Onte pechou a exposición de A Chocolateira, despois de proxectar por segunda vez o documental ‘A chocolateira’, esta vez no cine-teatro. A película documental é a cuarta vez que se proxecta en Ribadeo e segue causando impacto tanto pola lembranza e pola xente que sae como polo asombro que causa o impacto que tivo na…
-
Novas de Ribadeo
Ribadeo está en festas. Festa contínua, parece. Onte inaugurouse o mercado de Nadal, e xa temos nota de prensa da visita do alcalde, xunto co aviso dun sorprendente (din) sistema de iluminación no Nadal. O título da nota está en consoancia coa ‘festa contínua’: a 8 de decembro, chega o Nadal a Ribadeo. E, no…
-
NOTA DE PRENSA DO COLECTIVO POR NUESTRO FARO enviada sobre o risco de perder a calificación de Zona ZEPA da Ría de Ribadeo e petición de información sobre subvencións oficiais ó proxecto de hotel
© Jose Mario Pires / , mediante a Wikimedia Commons (CC BY-SA 4.0) Nota de prensa enviada sobre o risco de perder a calificación de Zona ZEPA da Ría de Ribadeo e petición de información sobre subvencións oficiais ó proxecto de hotel. Na asamblea celebrada o día sete de decembro tomouse o acordó de…
-
Contrastes: luces e sombras nos faros
Hai xa máis dun ano o concello de Felanitx mobilizábase para defender o seu faro de Porto Colom, como aparece no Diario de Mallorca o 20150624, ‘La defensa del faro público toma impulso’. Pouco despois sabíase que o faro de Sant Antoni, en Xàbia, despois de ter o concello encabezado a protesta social, seguiría a…
-
Un paseo lembrando o ferrocarril mineiro
Mentras se van desenvolvendo outros actos de #AChocolateira, o domingo foi a andanza pola vía verde do ferrocarril mineiro, o tramo recuperado para o desfrute entre Santiso de Abres e A Pontenova. É unha ruta que teño feito moitas veces, a pé e en bicicleta, mais esta vez tivo aspectos diferenciais. Comezando a ruta, por…
-
Comezou o chu-chu da chocolateira
Nun acto de asistencia multitudinaria para o local onde se atopa a exposición da chocolateira, a antiga oficina de turismo do parque, comezou a apertura dunha mostra que a bo seguro levará a moitos visitantes á mesma. Deixo algunhas imaxes de aspectos da exposición e as verbas de Ángel Prieto Souto, que acompañaron a inauguración…