Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Contrastes: luces e sombras nos faros


Hai xa máis dun ano o concello de Felanitx mobilizábase para defender o seu faro de Porto Colom, como aparece no Diario de Mallorca o 20150624, ‘La defensa del faro público toma impulso’. Pouco despois sabíase que o faro de Sant Antoni, en Xàbia, despois de ter o concello encabezado a protesta social, seguiría a ter funcións comunitarias. Dous faros luminosos, como se pode ver nas fotos, salvados (ou en vías de selo) para a comunidade.

Faro de Porto Colom, en Felanitx. De Kai Alpers(KaiHB), CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=2092819

Por aquelas datas xa tiña comezado en Ribadeo a plataforma ‘Por Nuestro faro‘ a súa marcha. Sen que as institucións se unan ó movemento, vai sacando información, datos, e cousas mal feitas, contra a xente… o faro non quedará sen luz, non (ao menos, iso esperamos), mais o pago da luz será mediante un contrato dunha entidade privada que lle pasará cada seis meses, unha factura a Puertos. Hai uns días, unha entrada no facebook cunha foto da illa Pancha cos dous faros, e unha lenda: ‘que sempre nos guíe a luz’ (en castelán)  fíxome lembrar ese dato: o pago da luz do faro, por contrato, será feito por unha entidade privada. En realidade, o que imaxinei foi un comentario, que non cheguei a facer porque sen unha explicación, poidera ser mal entendido: ‘mentras pague a luz’. E é que, entre as contradicións do que se está a facer no faro coas normas e lexislacións, a máis das cuestións medioambientais e o salto por riba das mesmas do que hai testemuña gráfica, o faro sempre foi concibido como algo de todos, común, servido por e para a comunidade. Un principio que se perde na actual situación propicidada polo sr. Llorca, Presidente de Puertos del estado, que convirte a iniciativa ‘Faros de España’ nunha especie de aposta persoal, marca do seu paso pola institución, e que ‘debe ser un éxito si ou si caia quen caia’. E como non está a ter éxito nin polo número nin polos resultados, que se vexa un emblema… e tocoulle á Pancha.

E, para lembrar como era hai anos, abondos, cando aínda tiña o caseto á entrada da illa, a finais de maio foi publicada unha entrada en Faros de Galicia que rescata unha foto tomada dende o comezo da ponte vella á illa xunto con varias máis de Ribadeo, como di, mercadas en Foto Sáez (Foto Miguel) e na librería Cervantes (que eu xa non lembro)

Mentres, hai xa dous anos que en Inmodiario (.com) unha nova titulaba ‘Los hoteles con encanto en los faros no avanzan’. Alí aparecía que os concellos deberían dar o visto bó para a concesión. Ou que a taxa fixa sería do 8% do valor do terreo (no caso da illa Pancha, 15000 € + ive, saen 190 000 €, redondeando, os 500 m2 de concesión). E fala dos usos daquelas dos faros: 28, museos ou semellantes; 12, emprego cultural; 5, investigación e asimilados; 7 cafeterías e 1, acuario.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *