Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O sector lácteo, un ano despois das mobilizacións: cousas que aprender da Bretaña


(Entrevista aparecida en Irimia 956, pp. 8-10, subministrada polo entrevistado.)

O Agro

Conversa con Xosé
Salvatierra Rico, técnico agrario (1a parte)

O sector lácteo,
un ano despois das mobilizacións: cousas que aprender da Bretaña

Pouco máis dun
ano despois das grandes mobilizacións e tractoradas do sector lácteo
galego, reina a desinformación nun asunto clave para o noso rural e
para o país galego. O lácteo é, sen dúbida, un piar estratéxico
da economía galega. Moito nos cómpre aínda mirar que podemos
aprender doutros sitios e dos nosos propios erros. Comentamos estas
cousas nesta primeira entrega dunha entrevista con Xosé Salvatierra
Rico, técnico agrario, e sempre militante dunha Galicia rural
avanzada, ecoloxicamente sustentable e economicamente viable. E da
súa man poñémonos ao día.

Como está a
situación dos produtores de leite despois das mobilizacións de
setembro do 2015?

A fin das cotas
lácteas o 31 de marzo de 2015 parecíalles aos gandeiros galegos un
alivio da carga que levaban soportando desde o ano 1992.
Semelláballes que agora terían o camiño despexado para producir
sen esa limitación. A cota, para moitos deles, opinaban, era o
primeiro dos males da súa explotación. Agora imos defendernos
mellor, dicían, ao non termos un teito para medrar, en número de
vacas e en produción. Algúns xa empezaran a tomar velocidade,
nestes dous parámetros, varios meses antes, para adiantar a outros
polo camiño.

Veu así, de forma
repentina, un aumento da produción en torno a un 3-4% en Galicia, e
tamén noutras partes de España e de Europa.

Consecuencia?
Saturación do mercado, que ademais coincide coa diminución do
consumo a nivel mundial, o parón de China na compra de leite en po e
a prórroga do veto ruso aos produtos lácteos europeos.

De todo isto e máis
cousas, nacen as mobilizacións de setembro do 2015, coa caída dos
prezos nos meses precedentes, que chegaron a situarse en 0,277 euros
de media en Galicia en agosto dese ano.

Nesas datas,
estábase ultimando o famoso “acordo lácteo” a nivel estatal
entre industria e distribución, que asinan o 22 de setembro. Ao dito
acordo súmanse as cooperativas e o sindicato Asaja. Quedan fóra Upa
e Coag. Todos eles, en presenza da Ministra de Agricultura, como
árbitro.

Do que se dixo, que
quedou en papel mollado…

Poucos meses
despois, en efecto, xa se puido comprobar que era papel mollado. As
industrias seguían sen establecer ningún tipo de negociación para
a sinatura de contratos. Estes terían que ser dun ano, segundo o
acordo, pero coa renuncia asinada do produtor, podíase facer por
menos tempo. De aí que a maioría dos contratos se veñan facendo a
tres ou seis meses. A industria preséntalle ao produtor o contrato
xa cuberto, onde figura o tempo de vixencia e o prezo.

Ou o tomas, ou
déixalo. Na maioría dos casos, non hai outra industria que lle faga
competencia nese percorrido, excepto que escasease o produto.

Non cambiou nada,
tan só que agora o contrato é obrigatorio para a industria, mentres
lle recolla o leite. Se mañá non lle renova o contrato, pode deixar
de recollerllo.

Ese acordo non
impediu que os prezos ao produtor seguisen á baixa no último ano…

Pois podemos contar
esa baixa en torno a 1-2 céntimos. Dous céntimos fora ao que se
comprometera unha distribución de marca branca a subirlles aos
consumidores, a principios de ano, unha marca que envasa leite dunha
industria francesa, para que esa cantidade fose ao produtor, a través
da industria. Pero aínda que a distribución cumpriu algún tempo,
non o fixo a industria nesa contía, senón que a algún produtor
mesmo lle baixou o prezo.

Con todo isto,
poderiamos concluír que a situación non cambiou a mellor, ou mesmo
empeorou. Antes do final das cotas, había un tope de produción para
cada Estado e para cada explotación, a recollida era obrigatoria.
Agora a cota márcalla a industria a cada granxa e pode deixarlle de
recoller cando lle conveña. Isto leva o sector a desconfiar deste
tipo de acordos, onde os incumprimentos non son penalizados e onde a
Administración non se enfronta ao poder da distribución, que, por
outra parte, se comprometera a non utilizar o leite como produto de
reclamo nas grandes áreas comerciais. Onde están os controis das
Comunidades Autónomas para ver se incumpren a lei de boas prácticas
comerciais, con vendas a perdas?

O sector segue a
ser moi mellorable, tal e como nos tes indicado en numerosas
ocasións…

O sector segue
desestruturado. Cun sistema de produción moi intensivo e, polo
tanto, con custos moi altos, que, nas fases de prezos baixos de venda
do leite, entra en perdas, perdas que para algún que non teña
liquidez poden ser a ruína. Non terá máis saída ca o peche, se o
prezo non se recupera rápido e de forma sostible.

Recentemente
tiveches ocasión de visitar a Bretaña, nunha visita de estudo en
granxas desa bisbarra atlántica con tantas similitudes con Galicia.
Que leccións deberiamos aprender?

Da Bretaña estamos
moi cerca fisicamente. En liña reta, cuns bos prismáticos, case nos
podemos saudar en días claros. Pero no tocante ao sector produtor de
leite, estamos moi lonxe deles. Explicarei por que.

A visita á Bretaña
foi na primeira semana de xullo deste ano 2016, cun grupo de 10
produtores de leite de Asturias e Galicia que están no grupo de
xestión de explotacións de leite de Xan Pouliquen. Todos os anos
fan una visita fóra de Galicia. O ano pasado estivemos en Navarra.

Leccións, dis?
Pois, por exemplo, a profesionalidade. A formación, por termo medio,
é moi superior. Ninguén se incorpora á explotación sen unha
formación equivalente a ciclo de grao superior en formación
agrogandeira, como mínimo. Hai bastantes con titulo universitario,
como enxeñeiro agrónomo ou veterinario, etc. Isto é normal en
Francia, en xeral.

Ademais, todos
traballaron noutras granxas antes de incorporarse á súa.

Incluso saen fóra
de Francia, para ver o que hai por Europa. Xa lles queda pequeno o
seu Estado.

O que si chama a
atención sempre é o seu orgullo campesiño

Pois si. Están
francamente (nunca mellor dito) orgullosos de traballar no rural. Na
Bretaña, un gandeiro é una persoa ben vista pola xente urbana e
pola cidadanía en xeral. Produce alimentos, ocupa o territorio,
coida da paisaxe. Subministra produtos á agroindustria, que, por
certo, en Francia esta moi desenvolvida, é moi potente e crea moitos
postos de traballo. O ministro de agricultura francés, de todos os
que conforman o goberno, está entre os tres ou catro primeiros en
rango de poder político e económico, de entre os vinte e dous que
conforman o goberno. Para o Estado francés, o sector agrario é
clave para a ordenación do territorio e a fixación da poboación.
Cumpren ao pé da letra o refrán: “Non hai paisaxe sen paisanaxe”.

O que siga o Tour de
Francia un ano calquera pola TV, xa se dará conta do que lle estou a
falar, aínda que non visitase Francia. Verá como está ocupado e
coidado o territorio.

E en cando á
organización do sector?

Teñen un sector
gandeiro moi ben estruturado a través de organizacións agrarias
desde hai moitos anos: cooperativas, grupos de asesoramento técnico
e económico… e os CUMAS, que son cooperativas de uso en común de
maquinaria. As primeiras foron constituídas nos anos 50. Hai CUMAS
de máis de 200 socios, abarcan ata 4-5 concellos.

Non teñen
problemas? Claro que os teñen. Pero dispoñen de máis recursos para
resolvelos. Están máis formados.

Teñen os servizos
das cooperativas, técnicos das cámaras agrarias, onde estes
profesionais son empregados da Administración, non de empresas que
buscan o negocio, etc. Teñen investigación. Terras colaboradoras
coa investigación práctica. E boas escolas agrarias. Só nun
departamento (provincia) da Bretaña hai sobre 25-30 escolas
agrarias. En Galicia temos 4, e non están completas. primeira fase
de crecemento, transformación de produtos na granxa. En titular
destacado: 19 000 persoas visitaron en domingo 20 granxas abertas ao
público nos últimos catro anos.

A relación
produtor-consumidor. E así máis temas. 39 páxinas dan para
bastante. E para a semana seguinte, outro tanto.

Nunha entrevista
anterior falabas da importancia da dimensión da base territorial, da
superficie por vaca, para facer sustentable unha explotación e de
como iso non sempre se respecta en Galicia. Cal é o contraste coa
Bretaña?

Efectivamente. Teñen
bases territoriais que fan sustentables as súas explotacións. Andan
con cargas de unha vaca por hectárea. Aquí en Galicia, ándase con
máis de 2 vacas, e incluso 3, por hectárea. Eles case non compran
nada fóra. Non hai terra que estea sen producir nada. Todo está
ocupado con algunha cousa. Cultivos de todo tipo, bosque ordenado,
horta, árbores froiteiras, etc. Tamén chaman a atención as boas
comunicacións no rural e a súa boa conservación.

Non quería deixar
de falar de certos feitos sintomáticos. A calidade e a cantidade do
seu asociacionismo -técnico, cultural, veciñal, etc. Mira, hai
gandeiros que reciben unha ou dúas revistas semanais no seu
domicilio, que tratan temas de todo tipo relacionados co sector. Esta
que teño na man, que me facilitaron en Bretaña, que sae cada
semana, chámase Terras Agrícolas da Bretaña. 39 páxinas. En cor,
con papel reciclado, por subscrición de 1 euro por número. Temas
destacados neste número? Crise no leite, porcino, entrevista a dous
produtores que se incorporaron no 2015, enfermidades no millo
forraxeiro na primeira fase de crecemento, transformación de
produtos na granxa. En titular destacado: 19 000 persoas visitaron en
domingo 20 granxas abertas ao público nos últimos catro anos. A
relación produtor-consumidor. E así máis temas. 39 páxinas dan
para bastante. E para a semana seguinte, outro tanto.

Canto nos falta para
chegar a este nivel…?

Máis artigos de José A. Salvatierra Rico


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *