Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

‘Pleno, hoxe’


Ese é o título da nota de prensa que se colgou onte na web do concello. Da orde o día, nada.

Así está á vista o impulso de participación cidadá que ten entre mans o concello. Plenos en días cambiantes, a conveniencia de vai saber quen, sen dar a coñecer os puntos da orde do día, e, como neste caso, con comentario do alcalde facendo fincapé nos puntos que quere  coas opinións que quere, o mesmo día.

A estas alturas xa hai algún comentario (mínimos) nos xornais, mais é ilustrativo coñecer os puntos que quería destacar o alcalde. Se se quere facer unha comparación cos resultados que sairán desgranados máis ou menos nos xornais (e a bo seguro nalgunha nota de prensa máis do concello), poderanse observar as semellanzas e diferencias do resultado final e o tratamento co anunciado dende o concello polo alcalde. Tratarían cousas como que se está indo a luz cada dous por tres dende sempre? Non aparece na nota de prensa, dubídoo…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *