Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Se é algo normal: un corte de luz


Onte os xornais traían a nova de que o día anterior, 15 000 mariñáns se quedaran sen luz. Como nova, como se fora algo que non ocorre en maior ou menor grao a diario.

Co hashtag #‎cortesdeluzRibadeo, levo unha tempada tomando nota de ‘novas’ de cortes de luz en Ribadeo. É certo que polo momento non é moita a xente que vai apuntado, pero é abondo para ter unha pequena ristra que dende hai un mes inclúe:

20160825 5:17 madrugada. Rodríguez Murias Corte de 1 minuto.

20160824 9:15 corte de luz 1 minuto aprox. cuatro calles-Reinante

20160821 10:57 zona cuatro calles e Reinante, microcorte

20160817 12:36 zona 4 calles, 1 minuto

20160814 8:30, cousa de 1 s, zona catro calles

20160724 11:56 microcorte na zona catro calles

20160727 arredor das 7:00 microcorte

20160724 11:56 microcorte na zona catro calles, Reinante, Rosalía… aparellos desconfigurados, etc. (varias referencias)

Dende comezos do verán véñense sucedendo microcortes sobre as 7 da mañá.

E é que unha cousa son fenómenos naturais que podan causar unha situación excepcional (esa é a explicaciń da compañía para o corte de venres) e outra que sinxelamente non se atenda o estado da liña e ó seu mantemento.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *