A comparación da perspectiva. O martes 23 colgaba un artigo, ‘Ante una lanza hecha añicos‘, de Covadonga Suárez, resposta a outro chamado ‘de opinión‘ (‘Al maestro armero’, ver comentario de Ramón García Reimundo na ligazón) que saíra o día anterior no El Progreso. Hoxe, sábado 27 por fin sae publicado no El Progreso. O de que ‘sae publicado’ pode considerarse máis ben un eufemismo, pois pode compararse o orixinal e o publicado:
Si, parécense, mais… cantas diferencias es capaz de atopar? Refírome a máis da posición no xornal e da dilación da difusión, ou daquelas outras derivadas de que o espazo non é abondo para o que se quere publicar nun determinado lugar.