Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Hai seis anos. Hospital, reparacións polo temporal, participación cidadá…


Copio e pego do blog da AVV O Tesón:

Nota de prensa

Xuntanza da Mesa de Asociacións xullo 2010



Como
estaba previsto dende xaneiro, o primeiro fin de semanda do pasado mes
de xullo tivo lugar a xuntanza da Mesa de asociacións do concello de
Ribadeo. A xuntanza foi convocada, a modo de lembranza, pola AVV O
Tesón, sendo chamadas as AVV de veciños así como algunha asociación máis
de tipo social.

Asistiron asociacións de Remourelle, As Anzas, Vilaosende e Vilela, a parte da xa citada.

Foron
tratados diversos puntos, a partires dunha orde do día aberta. En
primeiro lugar, tratouse sobre o hospital da costa e zona sanitaria,
sendo comentado o estado actual da cuestión, os argumentos de cada parte
e temas relacionados coa manifestación.

Pasouse despois ás
reparacións polo temporal, onde se comentou a concesión de 4,8 M€ en
concepto de reparacións para 14 concellos, mentras que por outra parte,
só as perdas xerais en Ribadeo están cifradas 0,8 M€. Xurdiu a oferta de
que, para poder facer máis rendibles os cartos, as asociacións poden
facer obras contando con voluntarios.

Pasouse logo ó estatuto de
participación cidadá e relacións co concello. Comentouse que na próxima
xuntanza co alcalde, se a hai, debérase levantar acta dun xeito oficial,
que podería ser feita por algunha persoa do concello, como o axente de
sostibilidade, despois de ter falado a conveniencia da súa asistencia a
algunha xuntanza, plantearse o ser invitado e no seu caso, aceptar. A
destacar que, segundo se quedou na xuntanza de xaneiro, debera ser o
alcalde quen convocara e asistir a xuntanza. Despois de pasar o tempo
convido, foi avisado e mesmo esta nota de prensa foi retrasada á espera
dunha convocatoria que non chegou polo momento.

Dentro das
relacións co concello e a participación cidadá, lembrouse a posibilidade
de aproveitamento das reducidas canles actuais, por exemplo a
posibilidade de facer preguntas ó pleno.

Dado que foi presentado
xa hai dous anos por parte da mesa de asocicións a proposta de O Tesón
un borrador de estatuto de participación cidadá, e sen ser contestada,
foi presentado un borrador por parte do concello na xuntanza pasada,
quédase o venres 10 de setembro, ás 19h, no mesmo lugar, para facer unha
xuntanza monográfica e a partir dela, dar unha resposta común ó
concello sobre o regulamento de participación cidadá.

Rematouse
con temas varios. Así, comentouse que o acordo cos madeiristas para o
mantemento das pistas está sen asinar, aínda que parece que se lle está a
esixir fianza sen desenvoltar máis regulación que a que hai a nivel
supramunicipal. Asemade, tamén se reiterou a oferta de limpeza de ríos
por parte das asociacións do rural, e tratáronse os temas das obras da
estrada de circunvalación e as súas deficiencias actuais, e o as que
están por comezar do paseo das Aceñas.

A xuntanza durou dúas horas e media.

Agora, coa AVV a piques de disolverse, isto é historia… a nosa. Como se tratarían agora, hoxe estes temas?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *