Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A PROFANACIÓN DA ILLA PANCHA, artigo de José Mª Rodríguez


Profanum, palabra derivada directamente do latín, componse de dous elementos: pro-fanum, e dicir, fora do templo. Usábase, pois, para referirse con ela a ese lugar que está nas aforas do templo. E de aí o seu derivado, profanado, termo que se emprega pra referirnos a un lugar sagrado cando, por algunha acción prohibida, se fai mal uso del, e se lle da o cualificativo de profanado.

Hai dúas maneiras de ver a Illa Pancha de Ribadeo. Unha, como espazo de explotación económica e comercial. E nesta espiral de materialismo galopante na que a sociedade moderna está mergullada, non faltan persoas, e mesmo administracións públicas que, carentes de outras posturas mais nobres, só ven esta illa como unha posibilidade mais de lucro económico, e dispostos a súa profanación.
Pro hai outra forma de vela. Pra sociedade en xeral, e moi especialmente prás xentes de Ribadeo, que naceron e medraron ó seu carón, a Illa Pancha é moito mais ca iso. É un fermoso espazo paisaxístico, hoxe incluído entre os moitos e fermosos elementos patrimoniais, históricos e culturais, dos que goza Ribadeo e que a xente necesita e quere continuar disfrutando.

A contemplación desta illa, co seu faro vixía de navegantes, é unha fonte de inspiración dos sentimentos mas nobres do home. E o home non só vive de pan. O seu compoñente inmaterial e vital necesita o alimento do seu espíritu. Necesita vivir dos
soños e ideais que desenrolen a parte mais nobre do seu ser.

A Illa Pancha e un ben que soubo despertar no pasado, e aínda hoxe desperta, en
moita xente a súa sensiblidade ante tanta beleza, os sentimentos mas nobres da súa
alma. E así, foi vista e cantada por trobadores, literatos, poetas e famosos pintores.
Xentes, ós que a súa romántica soidade, o seu fermoso paisaxe, a paz interior que
infunde no home e os seus encantos quedaron expresados na súa poesía, composicións
literarias, artísticas fotos ou pinturas famosas.

A elección do futuro da Illa Pancha non debería ser dubidosa. Forma parte do
patrimonio espiritual e sentimental das xentes desta comarca e a eles lles pertence. Pra adicarse ó proveito material e explotación comercial dos bens humanos hai outros espazos mais axeitados e menos daniños. Seguir por ese camiño sería entregar ó beneficio privado unha parte da alma do pobo. E a alma, os seus soños e sentimentos, non se poden privatizar pois son patrimonio do espírito. 

 Obras de José Mª Rodríguez

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *