Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ribadeo: 16 M, 5 anos despois


O día seguinte ó 15M. A continuidade despois do nacemento dunha idea. Cinco anos despois…

En
Ribadeo o 15M víase pola televisión, pero chegou. Non o mesmo día, nin ó
seguinte, pero chegou. Non pasara máis que tres semanas dende a
concentración en Sol cando houbo unha xa próxima, na Caridade. Ribadeo esperou un pouco máis, ata o 19 de xuño,
e máis ben impulsada dende fóra, cara ó que era e é a capital dunha
comarca transfronteiriza Galicia-Asturias, para xuntar uns 150 ‘indignados’
segundo a terminoloxía daquel momento. Asemblea que recalou pronto en
Ribadeo pola importancia comarcal, pero que era itinerante.

A asemblea do 15M en Ribadeo, o 19/6/2011

E algo así seguimos: nas redes, a celebración
deixouse sentir por xente que está fóra, ribadenses que marcharon, ou
dalgún xeito, fóra de xogo, tentando entrar (e modificar á vez) ese xogo
social que nos levou á necesidade de pensar nun cambio representado no
movemento 15 M. A celebración aquí tivo os aires de multitude para
celebrar fin de semana, ponte ou campeonato internacional de fútbol (o
terceiro), incluíndo as cousas ‘típicas’ de calquera fin de semana,
mentras a prensa falaba do 15 M ben en pasado, ben como se sucedera
nagún lugar afastado, ben en xeito dun aproveitamento das ideas para
trunfos electorais tradicionais.

Mais o 15M non pasou, teno calro
moita xente, é un movemento que continúa e que aínda que tenta ser
usado, sinxelamente impregna. Non sucedeu nun lugar afastado, senón que
segue a suceder aquí e en nós, aínda que en Ribadeo a parte visible se
vexa amplamente superda por outras actividades (como o foi nun comezo e
no tempo dende entón). E en Ribadeo tampouco se pode falar de trunfos
electorais tradicionais, aínda que si de tentativas de reciclaxe de
ideas para partidos tradicionais.

Si hai que recoñecer algunhas cousas. Como que o blog creado pola asemblea local do 15M
durou un par de meses (non lembro quen se encargaba do asunto, mais un
blog sen ter que poñer remata morrendo, léveo quen o leve). Ou a
desaparición da rede dunha das canles principias de comunicación indignada.

Mentres, seguimos a tecer redes.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *