Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

En cinco días #ribadeoenbici


Amence con Sol, e subindo a temperatura, do día, natural ó saír o sol, e a media, polo cambio de ventos. Un día como para andar en bici.

O venres 6 de maio será a terceira concentración ciclista #ribadeoenbici despois de que na primeira unhas poucas persoas nos reuniramos baixo unha chuvia inclemente e decidiramos facer da xuntanza un feito mensual, e na segunda xa estiveramos 28 persoas nunha tarde acolledora.

Canta xente haberá este venres diante do concello ás 20:00 coas bicis? No post anterior adicado ó tema adiantei que apostaba por superar as 50 persoas. Polo momento a previsión indica que o venres algo ha chover, pero deixando claros abondo. Estás invitada. Estás invitado. Á concentración e pequeno paseo posterior polo pobo. Por se tes que lembrar de que vai o tema, aquí. Ou, resumido, a nota de prensa da convocatoria pasada:

Os usuarios da bicicleta de Ribadeo, facemos novamente unha
convocatoria a todas aquelas persoas que se queiran sumar á
concentraciòn que diante do concello de Ribadeo, facemos todos os
venres primeiros de cada mes, para reivindicar o uso da bici como um
medio saudabel de desprazamento e ao mesmo tempo para reivindicar o
poder compartir as vías públicas xunto con os coches e os peós.
Citámo-nos este venres ás 8 do serán, no Cantón dos Moreno para crear
un espazo de encontro e fazer un pequeno paseo en bici polo centro de
Ribadeo.

Comezo dunha carreira. Fotografía ‘Leipzig, Straßenrennen der Junioren, Start, de Wendorf; Schaar, Helmut, na Allgemeiner Deutscher Nachrichtendienst – Zentralbild (Bild 183)’. Obtida na Galipedia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *