Coñeces os nomes das rúas de Ribadeo? Non se trata só de que asocies o nome cun determinado lugar, senón de que asocies o lugar co significado do nome…
Hai vinte anos, da man de Suso Fernández Acevedo, e coa colaboración doutros profesores, un grupo de alumnos do IB de Ribadeo colaborou para facer unha obra que deixa gravada unha parta da historia da vila a través das súas rúas.
Cambiaron algúns nomes, abríronse e nomeáronse novas rúas, pero a maioría e a maioría de significado segue a ser o mesmo, aínda que haxa máis nomes de mulleres integrados no rueiro (de 36 nomes considerados no 1996, só dous eran de mulleres: Rosalía de Castro e Concepción Arenal), agora teñan sido cambiadas placas por modelo Sargadelos con algunha explicación de quen era ou que era o que levaba o nome no seu momento.
No libro, cunha foto acompañando a cada nome a máis da explicación pertinente, representa tamén unha lembranza visual do Ribadeo de 1996.
Quizais algún día se faiga unha edición actualizada. Dispoñer de ambas sería unha ledicia. Á espera, tentarei sacar de cando en vez algunha ‘actualización particular’ no blog.
Portada da obra |
O interior:
Contraportada |
E agora, a desfrutar desta obra ‘reeditada’.