Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De economía


Hai mañás que un se levanta cansado, e a percepción do futuro inmediato, do que ten que e vai facer é diferente. Postos a facer o blog, neste caso, decántome por cousas máis facilonas. Esta mañá é unha delas.

Resulta que dende hai anos, sabemos que a economía, a nosa economía, vai mal. Tamén sabemos que a de outros vai ben, pero iso só é noticia nalgún xornal de cando en vez para animar. Hai tempo que un blog que seguía e me gustaba, de economía e feito en Ribadeo, Desmontando tópicos, publica de xeito tan esporádico que case pode dicirse que non o fai, por iso, cando esta mañá abrín o correo_e e me atopei cun post de economía con boa pinta, púxenme a ler.

O certo é que non di moito novo, pero dío xuntiño e ben explicado, polo que me animei a poñer a ligazón aquí e que vos desfrutedes lendo -pódese desfrutar hoxe en España cunha análise económica? Ou ‘hai que ter ganas’?-

Aí vai, a herdanza de Rajoy, episodio enésimo (en realidade, XXIV).

Unha nota convinte: se consideras que ‘ser de esquerdas’ ou ‘de dereitas’ te habilita de xeito previo para esgrimir o artigo como arma ou denostalo como bazofia, coido que estás equivocado ou equivocada. Esquécete de prexuízos e intérnate na lectura con mente aberta, pensando na realidade e non nas novas de prensa que leas. Por certo, esta nota sirve tamén noutras ocasións, non só nesta. En realidade, en todas as ocasións.

Imaxe do blog citado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *