Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota de prensa e borrador de acta da asemblea de O Tesón de sábado 20160312


A AVV
O Tesón está de cambios. Quedou claro en anteriores comunicados, nos que se foi contando a historia próxima inmediata, e tamén dilucidadno a historia próxima por vir da asociación veciñal.

Hoxe, unha nota de prensa e o borrador da acta saíron á luz no seu blog. Preséntoas nesa orde:

Logotipo de O Tesón

Nota
de Prensa

Conforme ó previsto, a AVV O
Tesón realizou varias asembleas onte, sábado.

A primeira asemblea,
ordinaria, desenvolveuse coa expoisción das contas e actividades do
pasado ano, incluíndo a resposta que o concello deu ó escrito de 28
de decembro pedindo información sobre a illa Pancha, as actividades
culturales como o ciclo de primavera ou a viaxe social a Burela e San
Cibrao.

Suspendeuse logo a asemblea
para pasar á convocada asemblea extraordinaria para renovación da
directiva. Non houbo unha proposta para unha nova directiva, co que
se suspendeu definitivamente a asemblea ordinaria e pasou a asemblea
extraordinaria de suspensión de actividades.

Como quedou dito en diversas
circunstancias, tentouse preservar a posibilidade de que no futuro
alguén poda reavivar O Tesón, mais quedou xa previsto un
desmantelamento ordenado, que unha comisión formada por Pancho
Campos, Rocío Botana, José Ángel Salvatierra e Antonio Gregorio
levará a cabo antes de fin de ano de non haber novidades. Entre as
funcións desta comisión están o reparto dos bens da sociedade e a
atención ás posibles propostas para que a sociedade poda seguir a
funcionar no futuro, no que sería xa unha segunda época. Tamén
está prevista a publicación da historia resumida de O Tesón,

Tanto
dende a directiva saínte como dende a comisión formada temos claro

que a asociación é de todos, de toda a sociedade, non só dos
asociados, e a todos incumbe a participación, incluída a xestión
dos bens comúns, mesmo inmateriais, como é o caso. Por iso,
aínda
nestes momentos que desexaríamos non estar pasando
,
poñemos a O Tesón ó servicio da sociedade, de Ribadeo.

– – –

Borrador de acta

Asemblea Xeral ordinaria
e sucesivas da Asociación de Veciños O Tesón

Salón de actos da Casa
do Mar, 20160312, 20:00, con asistencia de 6 socios e unha persoa
invitada.

Estando
previsto segundo convocatoria varias asembleas sucesivas, a tenor do
desenvolvemento da asemblea ordinaria, deu en primeiro lugar comezo a
asemblea extraordinaria

1.Lectura
e aprobación se procede, da acta anterior

Explícase
que a acta anterior corresponde á asamblea de 11 de outubro de 2014,
por non terse celebrado a asemblea convocada para 10 de outubro de
2015 por falta de asistentes. Dáse lectura á acta correspondente e
é aprobada por unanimidade.

2.Presentación,
e aprobación se procede, de contas e memoria de actividades

Foi
presentado o desenvolvemento de actividades culturales, como as
xornadas de primavera, sociais como a viaxe a Burela e San Cibrao, e
xerais, mesmo a última, coa resposta do concello ó escrito sobre a
illa Pancha e o informe emitido polo concello ó Ministerio de
Fomento, recibido esta mesma semana.

Despois
foron lidas as contas correspondentes ó ano pasado e a 2014, que en
resume quedaron:

Saldo
a 31/12/13: 6585,79

Entradas
2014: 1220

Saídas
2014: 2116,48

Saldo
a 31/12/14: 5689,31

Entradas
2015: 1240

Saídas
2015: 415,33

Saldo
a 31/12/2015: 6521,98 €

En
relación ás contas, coméntase que non se pasou ó cobro os recibos
pola situación na que se atopa a asociación. Asemade, que hai
pequenos pagos por realizar, correspondentes ó envío das cartas
desta asemblea.

A
memoria e as contas son aprobados por unanimidade.

Conforme
ó previsto, suspéndese temporalmente a asemblea.

Asemblea Extraordinaria de lección de nova directiva

Punto
único: 1.Presentación de candidaturas e elección se procede de
nova candidaturas

Exponse
a situación e o motivo de que Elvira Posada estea na sala, como
parte dun intento externo por axudar á asociación, tentando por
todos os medios posibles a continuidade. Despois de diversas
deliberacións entre os presentes, e ó non haber posibilidade de
nova directiva nesta asemblea, pásase a Asemblea extraordinaria
prevista na convocatoria, suspendendo de xeito definitivo a asemblea
ordinaria.

Asemblea
extraordinaria de supensión de actividades

Punto
único: 1.Organización da suspensión de actividades

Pásase
revista ó punto 37 dos estatutos, especificando que a proposta non é
disolver a asociación de xeito inmediato, polo que non é aplicable,
senón a suspensión de actividades, para o que debera tomarse como
referencia. A pretensión é apurar ó máximo a posibilidade de
recoller o testigo da asociación, polo que si se propón crear unha
comisión. Asemade, pásase revista ás cousas que se estima se deben
facer, como a distribución dos activos da asociación. A proposta é
que, unha vez pagados os pequenos restos que quedan sen aboar, se
retire unha cantidade para facer unha publicación cunha historia
sucinta desta primeira época da asociación, e doar o resto. En
canto ás diversas publicacións, repartilos, preferentemente ós
autores. A máis, a asociación dispón dun armario metálico, que,
de non ser reclamado por ninguén, quedaría no mesmo lugar que
agora, en casa de Rocío Botana, onde está acubillando diverso
material.

Trátase
do fondo legal da situación, entendendo por este motivo que a
comisión designada debe ter un límite temporal, en contra da
proposta inicial.

A
comisión queda formada polo actual presidente Pancho Campos, a
tesoureira Rocío Botana, o secretario Antonio Gregorio e José Ángel
Salvatierra, socio de número, coas misións propostas de facilitar a
publicación da historia da asociación e distribución de activos,
rematando a disolución en caso de que non haxa unha proposta para a
súa reactivación antes de fin de ano, ou promovendo a súa
reactivación mediante asamblea en caso contrario.

Ás
21:00 dáse por concluída a Asemblea.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *