Iso de ‘desparticipando’ non soa, verdade? Cando se participa, e logo se deixa de participar, a frase constrúese así. E, cando non se participa por impedimento á participación? A frase sae demasiado longa. Pois iso.
Din que para mostra abonda un botón. Pois aquí deixo dous.
Son dúas tomas de pantalla correspondentes á páxina de transparencia da Deputación provincial, adicadas ó Concello de Ribadeo. As dúas, na versión castelá (a versión en galego ofrece unha información semellante, pero parece que me da máis respecto o poñela) A primeira trata de participación cidadá (iniciativas de participación, exposición pública de proxectos… ) e, o mesmo que no resto das páxinas adicadas a Ribadeo, as que teñen o mesmo para tódolos concellos, están cubertas. As que terían datos só de Ribadeo… presentan unha pinta semellante á que se amosa: ‘contido en elaboración‘. Claro, estamos a tratar da participación cidadá…
A transparencia, en xeral, é máis doada, e representa unha base para unha participación efectiva, non? É quizais por iso que a páxina correspondente á apertura de datos, embaixo, aparece co letreiriño: ‘Modificado por última vez 10/02/15’, e aclara un pouco máis abaixo: ‘No hay documentos ni archivos (…)’
Coido que queda dito así que a transparencia, e a participación, non está nin parece esperárselle: non está ao menos dende hai un ano, certificado pola web, pero todos sabemos que dende sempre, e non debemos esperar moito, porque aínda que seguiremos para lograla, hai moito tempo que o ‘contido está en elaboración (o primeiro intento -e único en vigor en Ribadeo- de regulamentar a participación cidadá son as preguntas ó final dos plenos, fóra de acta e se me descoido, de resposta, de hai máis de dez anos)