Volvo de novo a fotografar as alturas da rúa Ramón González, con motivo parello a algunha vez anterior (dende que escribín ‘tres puntos negros‘ xa voltei facelo sobre este mesmo tema). É un motivo pequeno, os paxariños que se acumulan nunha casa, e os efectos que producen, que os veciños tenten que os paxaros non se asenten nos balcóns das súas propias casas. O resultado, unha decoración particular, diríase que semiobrigada, esperando o antroido…
E a casa ‘ocupada’, da que na foto non se lle aprezan sobre o balcón, pinchos para que non se asenten as aves: