Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A sanidade non se vende, hoxe na Casa das Letras


LA SANIDAD NO SE VENDE.

Este o tiduo dun libro coordinado por Hixinio Beiras Cal e Marciano Sanchez Bayle que xunto con otr@s seis autor@s tratan de resumir as principais actividades da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública e dar unha serie de orientacións prácticas cara aos movementos sociais que teñen como obxectivo o mantemento dos servizos da saude pública, fronte ao grave deterioro que veñen sofrindo nos últimos anos por mor da estratexia dinamitadora do PP e outros grupos que apoian en maior o menor medida as políticas neoliberais enfocadas a privatizar tódolos servizos sociais, educativos, etc. 

Os traballos incluen numerosos datos das estratexias políticas, económicas e lexislativas orientadas a desmantelar o sistema público e paralelamente trasladar ao sector privado as tecnoloxías e actividades mais doadas de rentabilizar, facilitar ás empresas privadas de xestión a penetración progresiva nos servizos creados e financiados con capital das administracións estatais, autonómicas e provinciais, transmitir información persoal sen coñecemento d@s interesad@s e toda unha serie de prácticas que se ben xa existían en pequena medida dende hai moitos anos, collen especial pulo dende a maioria absoluta do PP nas eleccions xerais de 2011 e nas CCAA gobernadas por este grupo e outras variantes da dereita. 

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ven de publicar un informe sobre as medidas privatizadoras da Xunta que califica de “Balance dramático”. Entre elas suliñar a reducción dos orzamentos sanitarios nun 18.3 % dende 2009 que fan a Galicia ostentar o dúbidoso mérito de ocupar o primeiro posto do ranking e mesmo un recorte de persoal do 30,6 %, fronte a un 7,9 de media estatal. 

Hixinio Beiras é cardiólogo recentemente xubilado en Vigo e membro da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública con ampla experiencia en debates, traballos e movilizacións promovidas por plataformas unitarias, particularmente na área de Vigo. Marciano Sanchez Bayle é pediatra en Madrid e voceiro da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Publica, tamén implicado nas loitas madrileñas dos últimos anos. 

A presentación en Ribadeo será o venres, 8 de xaneiro na Casa das Letras, as 20,00 h. 

Evaristo Lombardero Rico


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *