Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O hotel na Illa Pancha, a día de hoxe


Faro de illa Pancha en cerámica de Sargadelos

Dous resúmenes de dúas actividades mantidas estes días sobre o hotel na illa Pancha:

Resume xuntanza Alcalde – grupo polo noso faro (20151215)

   Resume curto:
Xuntanza con alcalde, secretario, Rodil e arquitecto: “Todo o que vds.
ven aquí non vale para nada”, dixo o arquitecto ante a documentación
presentada no concello por Eirobra. É dicir, polo momento, a cousa está
parada, aínda que pode seguir en calquera momento.

A xuntanza
comezou á 19:30, como estaba previsto e estendeuse algo máis de media
hora (a xente do equipo de goberno tivo que espera un ratiño para
entrar, non moito, cousa de 15-20 min.)

Comenzaron a falar eles,
expoñendo a ‘historia’ dos papeis no concello, primeiro o secretario e
logo o arquitecto. Afirman que non enviaron ningún informe, que cando
Eirobra presentou o papeleo para os permisos de construción detectaron
erros, e máis aínda despois, co que lle foi requerida documentación a
Eirobra, descartando a actual. O requerimento foi cursado o 21 de
setembro, co que caducaría o prazo de presentación da nova documentación
o 21 de decembro (aínda que eles mesmo falaron de que nestes casos eran
flexibles).
Polo que din, o que atopan non é tanto que falten
papeis das administracións (sentido no que ía a nota do alcalde de hai
dous meses), senón que a cafetería e o hotel están presentados como
cousas diferentes en diferentes documentos, e a documentación está
referida ó plan anterior, do 1977, non o PXOM de 2014. Sería algo que
non debera presentar dificultade grave para Eirobra, pero que implica
recomezar o proceso en canto chegue a documentación. En caso de que non a
presente a tempo, terá que pagar de novo as taxas se quere recomezar o
tema.
Propuxemos que nos deran documentación e coñecer a postura
do alcalde. O alcalde non se decantou, pero mañá (mércores 16) teremos a documentación
(xa veremos que nos acaban dando, pero por pouco que nos dean e
atrasada que estea, vai supoñer un paso grande) que iremos a buscar ó
concello [A documentación foi recollida].

Deixamos clara a nosa postura da illa Pancha como un
ben público que debe seguir como comunitario, e aproveitado, pero non
como lugar de lucro dunha empresa, mentres o alcalde e os técnicos
insistían en que eles eran asépticos. Coido que tamén lles quedaron
claras cousas como que seguiremos, que cada vez nos será máis doado estar
controlando o que se vaia facendo, que temos clara a diferencia entre
aplicación das leis (que fan os técnicos) e o presionar sobre a mesma
normativa a aplicar (que fan os políticos, aínda que non se decanten
oficialmente). Quedou tamén claro, debido á insistencia do alcalde no
voto, que o haber eleccións o domingo tivo algo que ver para que se
fixera a xuntanza, e máis aínda tivo que ver o que se fixera presión
pouco a pouco, pero cada vez máis, por parte do grupo, saíndo á luz a
nosa postura, por moito que fora terxiversada.

En conxunto,
saímos con boa impresión da xuntanza, aínda que sabemos que se pode
torcer en calquera momento. Agora o tempo corre ó noso favor.

Resume xuntanza do grupo de 20151226

A xuntanza, coma sempre no altillo do Cantón Bar, comezou tamén coma sempre ás 20:30, e estendeuse algo máis dunha hora.

Fíxose un repaso xeral da situación, tendo en conta tanto a documentación nas nosas mans (non moita, pero abonda para traballar máis despois da xuntanza co alcalde), a xuntanza mantida por un de nós con xente de Portos, a xuntanza co alcalde e as impresións dos presentes en relación ós últimos acontecementos. 

De cara ó período ata o sábado 9 de xaneiro, que é a próxima vez que se verá o grupo, fíxose unha escolla de accións para desenvolver entre as propostas feitas, quedando en: 

-Mover o muro do grupo de Facebook, que na última tempada non se moveu pensando en que hai xente que informa dos nosos pasos fóra do grupo. Chegamos á conclusión de que a maioría das cousas é bo que se difundan.
-Facer un escrito para a Dirección Xeral de Medio Ambiente e para Calidade Ambiental para procurar datos sobre o informe que cremos que é preceptivo para facer calquera cousa na illa e que non temos constancia de que se emitira. 

-Xuntar documentación para recorrer ó Valedor do Pobo. 

-Pedir por escrito ó concello as páxinas 9 e 10 que non nos foron subministradas das condicións do contrato, así como pedirlle por escrito que diga que non hai informe do concello, para contrastar co Ministerio de Fomento, que na súa nota de prensa afirma que si o hai. 

-Facer un modelo de escrito para pedir sinaturas, para presentalo na próxima xuntanza e poñer en marcha a recollida. 

-Redactar unha nota de prensa na que se indique a situación actual, se remarque que o noso fin é que a illa se respecte, que está nun espazo protexido, puntos que vemos que consideramos son ilegales, etc 

-Entrar en contacto con Greenpeace. 

A máis, claro está, de enterarnos se foi presentada no Concello a documentación requerida para continuar co procedemento de concesión de licenza ou mirar a nova lei de Costas…

Ao que parece, a cousa seguirá (hai moito que facer), pero o resultado xa non está tan claro como o estaba hai uns meses.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *