Esta mesma tarde foi difundida a seguinte nota de prensa:
”
A comisión pro residencia de maiores ven de manter
un encontro co presidente e co vicepresidente da Deputación de Lugo aos
que lle acaban de solicitar que a institución provincial asuma a
partida que a Xunta de Galicia non aporta para o remate desta
infraestrutura. O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “fomos moi ben
comprendidos”. A Deputación estudará agora esta petición.
Onte, xoves, celebrouse unha xuntanza da comisión en Ribadeo. O
rexedor contou que “os membros da comisión pro residencia, que sempre
estivo composta por todos os representantes dos grupos municipais e
tamén polos das asociacións de veciños, na tarde noite xuntámonos para
preguntarlle ao representante do Partido Popular si estaba de acordo
coas actuacións que levamos feito ata agora e cos informes técnicos e
xurídicos que se foron emitindo nestes últimos tempos e botaron absoluta
claridade sobre todo o proceso, que se está facendo correctamente. Pero
lamentablemente o representante do Partido Popular descolgouse. Os
membros do BNG, do PSOE, de Ciudadanos, os representantes das
asociacións de veciños e tamén do PP expuxeron cada un a súa opinión,
pero lamentamos que finalmente o PP, rompendo a tradición, descolgouse
desta comisión. Por iso despois o resto de membros acordamos por
unanimidade seguir traballando para que a residencia sexa unha
realidade, como está sendo”.
Nesa xuntanza, explica o alcalde
“acordamos pedir unha audiencia co presidente e co vicepresidente da
Deputación, reunión que vimos de ter esta mañá. Fomos recibidos por eles
dous toda a comisión, recolleron con moito interese a nosa petición,
que consiste en que en vista de que a Xunta nos está poñendo múltiples
trabas, que saben son inxustas e que non poñen en Foz nin noutros
sitios, lle pedimos á Deputación Provincial de Lugo que asuma o
compromiso da Xunta de Galicia, que non cumpre. Expresámoslles polo
tanto a nosa petición, que vai ser sometida a estudio; aportámoslles
toda a documentación e saímos coa satisfacción de ver que fomos moi ben
comprendidos sobre o problema que ten Ribadeo, que non debera ser
problema”.
Suárez Barcia considera que “deberíamos estar todos
xuntos, porque agora estamos todos os que somos pero non todos os que
deberíamos estar, porque o PP tamén tería que estar. Pero lamentamos que
o Partido Popular se descolgue de estes asuntos, porque todos os grupos
podemos discrepar de moitas cousas e do enfoque do mundo, pero estamos
todos de acordo en que a residencia ten que ser un exemplo para Ribadeo.
Sempre foi así e por min, polo representante do PSOE, polo de
Ciudadanos e polos das asociacións de veciños así vai seguir sendo“.
”
Non faigo ningún comentario: seguro que haberá algunha nota de prensa ou artigo en contra pola parte que se autoexcluiu.
Documento presentado (pode verse individualmente e ampliado premendo co rato sobre as imaxes):