*Foto retirada: posta por erro e retirada por petición*
O certo é que esta tempada sucédense as novidades sobre a illa Pancha. Algunhas, xa sabidas, outras, non tanto.
A primeira quizá deba ser precisamente a falta de novidade sobre algún tema: o concello segue sen responder desque puxen a anterior nota sobre a illa Pancha con un documento de petición de información.
A segunda, que despois de poñer os medios en diversas ocasións sobre o apoio recibido para a conservación da illa Pancha que había moita xente de fóra (en diversas versións), un estudo preliminar encabezado por Evaristo Lombardero desmínteo totalmente:
“ESTUDO DA VINCULACION CON RIBADEO DOS MEMBROS DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO”
A día 9 de decembro de 2015 o grupo “Por Nuestro Faro” ten 725 membros.
Dado que descoñecemos con exactitude a procedencia destas persoas e a
sua vinculación con Ribadeo fixemos o seguinte traballo:
Intentamos identificar aos cen primeiros membros que aparecen na páxina web do colectivo asignadoos a un dos seguintes grupos:
1.- Naceu en Ribadeo e vive en Ribadeo.
2.- Naceu en Ribadeo e vive fora.
3.- Naceu fora e vive actualmente en Ribadeo.
4.- Naceu fora e vive fora.
Os resultados foron os seguintes:
Grupo 1º: 60
Grupo 2º: 18
Grupo 3º: 13
Grupo 4º: 7
Non identificados: 2 (utilizan seudónimos).
COMENTARIOS: Tendo en conta que estudamos ao 13,7 % do colectivo e que
os casos foron tomados correlativamente, sen exclusións arbitrarias,
entendemos que os resultados poden ser significativos. A partir de aquí o
91 % dos membros tería unha forte vinculación con Ribadeo dado que ou
serían nados e residentes no concello, ou nados eb Ribadeo e residentes
fora ou nados fora e residentes na actualidade. Un sete por cento serían
persoas nadas noutros pontos e na actualidade residentes noutro
concello, algúns de Galicia, España ou do extranxeiro. Estas sete
persoas foron identificadas e todas teñen fortes vencellos con Ribadeo,
ben por ter familia, por ter traballado en Ribadeo ou por outras causas.
Non atopamos ningún caso de persoas totalmente que alleas a Ribadeo e
que supostamente pertencesen a “Por Nuestro Faro” simplemente por
simpatía, amizade ou outras causas. En dous casos foi imposible
identificar ao membro por presentarse cun seudónimo. Habida conta que
debe respectarse o dereito á intimidade non fixemos mais xestións para
identificar a estas persoas. En calquer caso o número é insignificante.
CONCLUSION: A gran maioría dos membros de “Por Nuestro Faro” teñen
fortes vínculos con Ribadeo e en caso de existir algun membro sen
relacions directas sería unha cifra irrelevante.”
Coido que chega para ver o ‘ribadensismo’ dos apoios.
En terceiro lugar, unha nota que xa foi difundida e contestada, pero non comentada, a resposta da Unidad de atención al Ciudadano.
Dirección General para la Sostenibilidad de la Costa y del Mar.
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente”:
“Buenos días:
En contestación a su solicitud de información relativa al proyecto de
Reforma interior del antiguo faro de la Isla Pancha, en Ribadeo, para
uso hotelero, promovido por la autoridad Portuaria de Ferrol-San
Ciprian, se informa lo siguiente:
Con fecha 2 de marzo de 2015,
esta Dirección General, en respuesta a una solicitud de Puertos del
Estado, informó lo siguiente:
esta Dirección General no plantea
objeción alguna a la solicitud para uso como alojamiento en el Faro de
Isla Pancha, situado en Ribadeo (Lugo), adscrito a la Autoridad
Portuaria de Ferrol-San Ciprian, dentro de los límites fijados por la
misma.
El proyecto presentado por la Autoridad Portuaria e
informado por esta Dirección General, que venía acompañado de informe
favorable de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas de la Xunta de Galicia, consiste en una reforma
interior de la planta baja del edificio del faro, que actualmente consta
de salón-comedor, dos dormitorios, un baño y una cocina, para hacer dos
cocina-comedor, dos dormitorios y dos baños, sin alterar la estructura
del edificio ni las fachadas, que mantienen las mismas ventanas y puerta
de acceso al edificio. En el proyecto no se plantea ninguna cafetería,
ni construcciones anexas al edificio actual y se conserva la fachada
actual sin modificación alguna.
No obstante para una información
más detallada deberían dirigirse a la Autoridad Portuaria de Ferrol-San
Ciprian que es el titular del Faro de Isla Pancha y promotor de la
reforma que se propone.
Un saludo”
Comentado o anterior a traverso dos medios, a promotora di que a cafetería anunciada non vai nel, senón nunha estrutura desmontable na zona de garaxes, con teito axardinado como terraza. Non entendo moi ben unha estrutura desmontable con teito axardinado. O mesmo que non cadra moi ben por exemplo, que, se a cafetería vai na zona de garaxes, os coches dos posibles clientes dun hotel que se pretende de altas prestacións vaian deixar os coches no exterior ó salitre da xerfa da illa.
Así as cousas, a última xuntanza polo momento do grupo celebrouse o luns sete de decembro. A máis de programar a próxima xuntanza, houbo diversos temas tratados, pois está claro que a transparencia das institucións fai que sexa necesario polo momento seguir pedindo información, ó tempo que se sigue todo o proceso e se programan accións en diversos sentidos.
Mentres, o grupo segue a medrar, os 18600 € anuais (1550 mensuais) e o prazo de dez anos deberan estar correndo dende a concesión xa hai varios meses, polo momento non hai apertura á vista… e está cada vez máis claro que o tema vai ter un seguemento polo grupo, sexa cal sexa o desenvolvemento que vaia tendo.
Non sei se só con fins publicitarios, pero coido que a apertura estaba prevista para a ponte pasada, e polo que parece, aínda non hai permiso de obras, despois de peticións cursadas polo concello a algunhas institucións, segundo nota xa mencionada aquí.
A información complétase con outras cousas. Por exemplo, unha páxina en Facebook cun suposto hotel faro de isla Pancha aberta hai xa abondos meses e que non está recibindo demasiadas boas cualificacións precisamente por partir dunha base falsa: non existe tal hotel, aínda que a primeira cualificación do servizo fora de 5 estrelas o 25 de maio pasado.
Algo que se leva desenvolvendo dende hai tempo non parará de golpe. Nin se pretende. Mentres non se procure un destino de servizo comunitario para a illa Pancha, seguirá a súa desatención, a separación cun pobo que ten á beira e que ten nela un símbolo pero ó que non se lle permite acceso, etc.
Pero si estamos nun punto no que a orientación do avance está a cambiar, diríase que xa cambiou. Así pois, entre as ideas alternativas para a illa haberá que ir desbrozando o terreo e ver cal remata asentando.