Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

En lembranza dun oco (e outro)


Un oco na estrutura urbana de Ribadeo está a ser cerrado.

No comezo da Avda. de Galicia, unha obra estase a comer un solar valado dende hai tempo cunha pequena franxa que chega ata o mercado. aí había algunha construción, terra abandoada, algunha árbore (máis ben arbusto) e mesmo unha planta invasora, o ‘plumeiro da Pampa‘.

Era un lugar diferente no centro da vila, que podería ter sido un lugasr de esparcemento pero que estaba destinado a construír. Algunhas fotos de lembranza:

 Vista dende a pequena fronte que da a r/Reinante, fronte ó mercado.

 Vista parcial dende Avda. de Asturias

Vista parcial cara a r/Reinante.

O lateral do oco, a comezos de mes.

Como complemento, a imaxe actual dun adecentamento recente, próximo a obra anterior, na esquina Deputación e Recarey:

E como estaba antes, mesmo con cruz na habitación e repisa funcional:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *