Convócase nas redes sociais unha asemblea para tratar ese tema, o do faro. Ás 20:30, no altillo do Cantón, este domingo 1 de novembro.
Resulta curioso que meses despois de ser demandadas preguntas polos cauces normais, sexa no momento no que vai medrando a protesta e o xornal volve facerse eco dela cando se entregue unha resposta en man a algún dos que protestan. Outros, parece que teñamos que esperar aínda: non debe ser a nosa quenda, a cousa non vai por número, polo que non pderei comentar ‘o último’ senón ‘o penúltimo’.
Unha entrega en man para poder dicir que xa foi enviada a contestación nunha nota de prensa que di pouco que non se soubera amplamente.
Di o alcalde na nota que que os actos do concello son regrados. Leva pedíndoselle dende xullo polo menos o contido do informe emitido polo concello, emisión regrada, pero non regrado o contido, e, a tenor da nota, aínda segue sen saberse.
E é que o concello ten poder de decisión, que axita cando quere falar e oculta cando non quere facelo. Cada vez é máis certo que sen mobilización, a lei non é nada. A cousa ten xa historia (só no blog, máis dunha ducia de entradas), e cada vez máis, parece que continuará aínda que a tramitación vaia xa adiantada.
—
Nota: esta entrada foi variada con posterioridade a ser colgada, para variar a imaxe (cando poño isto non obtiven aínda contestación sobre o permiso para manter a imaxe que tiña), e para engadir o seguinte:
Entrada posterior: Sobre o faro, abrindo camiño (continuación)
Nota2: chegou o permiso, mais xa non varío a imaxe, que usarei noutros lugares.Sobre os actos regrados do concello, non deben incluír a contestación ós administrados: levo xa acumulados un montón de papeis sobre diversos temas sen contestar.