Entre o ateigamento veraniego e a tranquilade (que non vacío) outonal, quédome co segundo. Onte, a pouco máis de media marea, no aparcamento catedralicio axuntábanse preto de 100 coches. A praia non estaba baleira, non. Pero notábase algo: do impedimento e vixiancia do verán non quedaba rastro. A praia estaba desprotexida de novo.
Non sei se un cambio tan brusco do ‘todo’ (máis ou menos) ó ‘nada’ (sen o máis ou menos) ven ben para ‘a protección do areal’ da que tanto se leva falado .Levo recollido moitas entradas en relación ás catedrais, pero, despois de anos de afluencia incontrolada de visitantes e un de tres meses de control (diría máis ben, de fiscalización), a consideración xeral de actuación non parece ter variado moito, as medidas tomadas parecen non ter alma, esprito de procurar o mellor a longo prazo; todo o máis, de saír do paso.
A zona das catedrais, no Sigpac |