Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

OUTRA ESCOLLERA NA RIA DE RIBADEO, artigo de E. Lombardero


A Consellería de Fomento
de Asturias proxecta unha nova escollera na ría para “protexer”
ao porto deportivo de As Figueiras, según o “Plan Territorial
Especial para la Estrategia Integrada de Gestión Portuaria Litoral
del Principado de Asturias”, exposto ao público nas últimas
semanas. O proxecto contempla obras en numerosos portos. No caso que
nos afecta prevé un gasto de catro millons de euros para un “dique
vertical” que viría a sustituir ao pantalán flotante.

O día 22 de agosto,
dentro do prazo, presentamos unha alegación da que a 16 de setembro
non recibimos acuse de recibo.

Basicamente a nosa
alegación prantexa o presumible impacto sobre correntes e
sedimentación, por unha banda no conxunto da ría e particularmente
nunha zona especialmente sensible como é a canle de As Figueiras, xa
moi afectada pola obras executadas nos últimos 25 anos. Suliñamos
que nunha zona próxima ao ponto onde se pretende construir este
“dique vertical” a canle secundaria de As Figueiras queda
totalmente en seco en mareas de mediano coeficiente, cousa que non
sucedía hai 15 anos nen sequera nas mareas mais vivas. Ou sexa, o
deterioro da canle en tan pouco tempo debera ser motivo de alarma
para calquera cun mínimo de siso. Ainda mais a canle das Figueiras
e vital para o Astaleiro de Gondán, hoxendía a industria mais
importante da contornada, tanto polos postos de traballo directos e
indirectos como por tecnoloxía, cualificación do persoal, etc. Pola
outra banda suliñamos que os eventuais beneficios do proxecto son
abondo discutibeis, habida conta de que xa é unha zona resgardada
dos temporais do noroeste.

O proxecto técnico da obra
ainda non se coñece nen hai prazos de execución pero algúns
aspectos son preocupantes.

O primeiro e principal que
ni tan sequera se prantexa o debate entre posibeis vantaxes vs
perxuicios. Como tódalas obras que se viñeron facendo ao longo dos
últimos 25 anos, os responsabeis do proxecto limítanse a dalo por
bo en nome de intereses particulares e supostos beneficios para o
turismo apelando agora á captación de clientela foránea.
Esquécense os Estudos de Impacto Ambental e Dinámica Litoral,
normas de protección, estado actual da ría, impactos acumulados de
obras anteriores, incumplimento sistemático da normativa vixente
polas diversas administracións implicadas (Xuntas de Galicia e
Asturias, Ministerio de Fomento) pero na literatura “técnica”
que soporta este “Plan Especial” abondan as referencias ao cambio
climático, agora convertido no novo paradigma para xustificar estas
tropelías. Mesmo o impacto paisaxístico queda fora da axenda.

Pola nosa banda agradecer a
información a Coordinadora Ecoloxista d´Asturies que nos pasou a
información e lamentar que o concello de Ribadeo siga dándolle as
costas a protección da ría como no caso de Illa Pancha. Polo que
atinxe ao concello de Castropol xa leva varios anos detrás desta
barrabasada e mesmo dun novo porto deportivo en Berbesa.

Evaristo
Lombardero Rico


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *