Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

As nosas costas: navegando mares de plástico


A imaxe anterior está tomada da web ‘navegando mares de plástico‘. Cada punto representa 20 kg de plástico á deriva na superficie mariña. Vemos que as costas atlánticas están máis limpas, e canto máis nos adentramos no golfo de Biscaia, maior densidade de lixo. Hai un global estimado de 268 millóns de kg flotando á deriva, formando illas inmensas nalgúns lugares (en particular, o vórtice do Pacífico e o do Atlántico Norte, mais que nas costas asiáticas e no Mediterráneo). Son máis de 5 000 000 000 de pezas, a maioría menores de 0,5 cm de dimensión principal. So son uns 30 g por habitante do planeta, pero implica un desastre ecolóxico que está aumentando minuto a minuto, indo a parar ó mar cada vez máis residuos plásticos (que arrastran vento e auga ata chegar á maior superficie libre do planeta, o mar).

Só unha lembranza aquí para a iniciativa coge3, da que xa teño falado e que segue en marcha, tentando limpara as nosas costas como un paso no bo sentido.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *