Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Testemuña ReC


Copio do facebook:

Hoxe
Ribadeo en Común deu un grande paso cara ao obxectivo de presentarse
como Agrupación de Electores nas eleccións municipais de maio, ao
entregar no rexistro até 580 avais de persoas empadroadas en Ribadeo.


Este logro reflicte o interese de boa parte da veciñanza en que apareza
unha nova forza -aberta e horizontal- na política local, pero tamén a
calidade democrática doutras persoas que, sendo favorables a outras
opcións, apoiaron o dereito a existir e participar no xogo democrático
de Ribadeo en Común. Moitas grazas a todas elas.

Na foto, Maví Lopez Louro e Manolo Teijeira fan entrega dos avais de ReC a Raimundo Ibáñez, á entrada do Concello.

Será unha casualidade que hoxe sexa 14 de abril?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *