Cerámicas de Sargadelos compiten con placas de metal pintado. Mármore decorativo con letreiros oxidados. Restos de promoción con placas do paquete. Cada unha, no seu entorno: ás veces, límpido, outras, decorado ou atravesado con cables. Algunha, fotografada sen rematar de poñer, mellorarán. Outras (Ing. Schultz) parece que van ser substituídas de xeito pouco comprensible. O certo é que mirando para as placas, Ribadeo merece atención, máis que a que fan ver as fotos desenfocadas a continuación. E quedan moitas máis.
Engado o final o texto de Eduardo Gutiérrez ‘Sobre placas e nomes’.
Praciña José Mª López, antigamente Fonte Nova
Praza de Abaixo (non de embaixo)
Restos do Ribadeo Indiano en S. Roque, preto de Virxe do Camiño
Enxeñeiro Schultz,antigamente rúa do Vilar.
Pasarón y Lastra, antigamente rúa da Confitaría.
Idem, sen rematar de poñer aínda.
Rodríguez Murias, cartel vello.
San Miguel, sen máis.
Viejo Pancho, antigamente rúa das Angustias.
Travesía de Álvarez Miranda, sen máis.
Rúa El Viejo Pancho, movida, moverase…
Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo, estilosa. Substituirase?
Calexón Bispo Cebeira, ‘ocupou a sé episcopal en Ribadoe en xullo de 1199. Finou en 1218’
Calle del Ingeniero Schultz. Tiña montado o andamio para ser substituída.
Costiña pai Sarmiento, ‘erudito e ilustrado.
—
Posterior:
Sobre placas e nomes
Por Eduardo Gutiérrez
(escaneado de La Comarca de 20141227, textualizado co OCR Tesseract e repasado á man)
Como é sabido, o Concello decidiu
proceder á elaboración e colocación de novas placas rotuladoras
das rúas, particularmente as do
casco histórico, como un complemento necesario e oportuno, do
labor de adecentamento dos edificios por parte dos seus titulares,
frecuentemente baixo a incitación
municipal. Non ten nada que ver
co novo nomenclator de vías e espazos públicos, que ou carecían
del, ou estaban duplicados, que
se levou a cabo hai xa un tempo
por acordo unánime da Corporación. Nesta ocasión non é unha
nova denominación, posto que
non se alteran os actuais nomes.
Certamente, durante o proceso
aprezouse que pesie ás correccións e engadidos recentemente
realizados, seguen existindo duplicidades e repeticións. Por citar un
exemplo existen tres advocacións
para o topónimo Guimarán: rúa,
praza e baixada.
Mais agora a novidade consiste
en facer constar, xunto co actual,
os nomes antigos ou tradicionais,
ainda que se desbotaron aqueles que remitían a alcumes, ou
denominacións ambiguas ou mal
soantes, e tamén os cambios máis
recentes ou efémeros. Poñamos
algún exemplo. A rúa Pasaron y
Lastra rotulouse así no ano 1946,
mais desde tempo imemorial era a
rúa da Confitaría. Mais ocorre que
once anos antes un acordo municipal, a instancias dun concelleiro,
dedicoulla a Lope de Vega, como
un máis dos actos comemorativos
do terceiro centenario da morte do
sonado escritor, coordenados por
unha comisión constituida ao efecto e presidida polo director do Instituto de Segundo Ensino Desiderio
Gutiérrez de Castro. Con todo, tivo
moi pouco eco. Tampouco foi moito
mais aló o acordo corporativo de agradecimento ao deputado por Lugo Manuel Becerra, consistente en darlle o seu nome ao peirao de Mirasol e á actual rúa de Buenos Aires. A decisión, de 15 de outubro de 1935, é adoptada “por aclamación” nun claro anticipo do que logo viría e nunha ousada mostra de afouteza, tendo en conta que sete dos concelleiros non foran elixidos, senón nomeados a dedo polo Gobernador Civil, incluído o Alcalde. O cambio denominativo foi breve, case tanto como a permanencia do Sr. Becerra como ministro de Instrucción Pública a finais de aquel ano: apenas quince dias, ainda que xa fora, entre outros cargos, subsecretario de Obras Públicas en 1934.
Os casos de acordos oportunistas, pero que logo non callaron en materia de rotulación de ruas, é certamente dilatado. Vinte anos despois da fuxidía homenaxe a Manuel Becerra, ou sexa en plena efervescencia do vello réxime, en
1955, a Corporación nun insólito alarde aperturista, fai constar en acta o seu pesar polo falecimento de Sir Alexander Fleming e, para perpetuar a sua memoria, dedicalle unha rúa das que está previsto abrir no novo grupo de vivendas de San Miguel e, mesmo, comunican o acordo á Embaixada da Sua Maxestade Británica en Madrid.
Finalmente, nesta sumaría nota divulgativa cómpre destacar que as novas placas proceden da factoría de Sargadelos, un proxecto na súa orixe tan vencellado a Ribadeo por medio da figura do seu fundador, Antonio Raimundo Ibáñez. Aparte de campar nelas as armas da vila, a greca ou reberete que as rodea está inspirado nunha ornamentación da Torre dos Moreno. Finalmente, as referencias aos antigos nomes asoleiran en fontes documentais, bibliográficas e arquivísticas. Algunhas proceden de nomes de oficios, profesións ou actividades, como Carnizaría, Fornos ou Confitaría, outras obedecen á ubicación de servizos fundamentais, como a do Correo, pola súa xerarquía urbana, como a Maior ou Grande, que tamén se chamou da Paz sobrefa que abría a Porta da Vila, derivadas de apelidos coma de Ares, ou pola situación, como Tras da Cerca, etc.
Hai algunha outra precisión, xa que resulta moi difícil, ás veces, condensar en poucas palabras a historia dunha rúa. Poñamos por caso, a de San Francisco: chamouse de Tras San Francisco e o tramo máis próximo á actual rúa da Deputación Provincial, do Pontigo e, por iso, se fai constar tendo en conta a raizame do topónimo.
En fin, unha plausible iniciativa, agora que a zona antiga está en proceso de revalorización, por medio da súa paulatina rehabilitación.
Restan cousas por facer, ainda que non sexan doadas e que quizais se poidan abordar no futuro, como a recuperación de treitos da antiga muralla, así, como a correspondente sinalización.