Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

5 vivendas e local comercial no cubano


No centro de Ribadeo, o sete de agosto, tomaba esta foto:

Na praza de España, comezaba a ‘rehabilitación’ dun edificio para vivendas (5) e baixo comercial, no antigo local do Cubano. Parecía que a mesma empresa que mercou unha parte do edificio do cantón, a casa dos perecitos ou os pazos das Figueiras, atacaba de novo, se ben o nome que aparece é ‘Promociones villa de Castropol’, e polo estilo e outros detalles obsérvase unha situación diferente. Por certo, a info sobre a empresa de promocións varía a súa sé segundo onde se mire.

A comezos da semana pasada a cousa estaba así:

Si, é chamativo que unha rehabilitación se tire e sexa unha reconstrución. Ademais, tamén o é que se empregue estrutura metálica, ou que se ocupe o patio traseiro nunha zona onde parece que o volume de edificación debera estar fixado [nota posterior: ver comentarios]. E non deixan de ser chamativas as columnas de pedra atravesadas por unha peza metálica (pero cabe lembrar que a da dereita, antes estaba a piques de perder o apoio, inclinada ‘esvarando’ sobre a base) e ganando altura sobre a que inicialmente tiñan.

Na primeira foto pode verse aínda o resto da parede do fondo, que marcaba o comezo do patio exterior que albergaba vexetación, como se ve na foto do sigpac, e que dificilmente volverá á súa magnitude anterior, visto o desenvolvemento da obra.

De xeito aproximado, 28 m de fondo (deles, 9 e medio de patio sen construír) x 10 m de ancho era o que medía o solar, incluído o baixo columnas.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *