Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.479 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Mes: Setembro 2014

  • Un dos mellores momentos dun Ribadeo en auxe

    Collo o título dunha nova na voz de hoxe, ó fío das patronais desparramadas ó longo de dez días, para reflexionar. Pegado, aparece que é un grupo de amigos quen leva as festas patronais. Algo bo, por iso de que sempre se coordinarán mellor. E tamén, hoxe, aparece que Mirasol vai de primeiro entre os…

  • Máis aló da festa, varia

    Estamos en festas! Así o vimos estando dende hai xa case unha semana, segundo o cartel. Digo segundo o cartel non porque non sexa certo que hai actividades festeiras, chiringuitos de festas, etc, senón porque no verán pouco se distingue entre festa/non festa, e menos aínda se consideramos que en Ribadeo, como en ‘todo o…

  • Xeometría humana

    26 unidades poden agruparse de diversos xeitos, construíndo ligazóns nunha superficie ou noutro espazo calquera: poden constituír unha xeometría. 26 persoas se xuntaron onte. 24 de Ribadeo, dous non empadroados. 9 mulleres, 17 homes. Diversidade de opinións dentro dun carácter aberto, participativo, transparente nunha xuntanza por autoconvocatoria, onde as posibles siglas que poideran sinalarse acordaron…

  • Imaxes do verán en Ribadeo

    Con nostalxia quizáis, dende unha mañán de néboa que molla, sabendo que aínda virán días bos para desfrutar da ría, unha volta rematado agosto deixo algunha foto da zona de O Tesón de Mirasol-Tesón da Vilavella-Enseada dos Bloques, para lembranza da disposición deste verán, ó igual que en anos anteriores. Marea alta, baixa e un…

  • Retorno ó pasado

    Dende que se inaugurou o tramo da A8 evitando Mondoñedo, teño pasado varias veces de novo pola estrada ‘vella’ por estar cerrada a autovía. Como é sabido, non houbo cerre ata que morreu unha persoa e se accidentaron unha morea de vehículos, cun vídeo espectacular tomado con móbil. Dende aquel día teñen sido moitos os…