Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Pensamentos lixeiros para agosto: noites de agosto


Ante o Sol logrou facerse ocos entre as nubes. Iso non impediu comentar a algún visitante co xersei posto que non era que fixera fresco, senón que facía frío. Ben, coido que non era para tanto, e pénsollo dicir. Nin pola noite, aínda que si se aguantaba ben algo máis que unha prenda fina de manga curta mentres a Ribadeo Brass ou a sección de vento metal metal da banda tocaba nun concerto que desfrutei ben.

A fachada da igrexa serviu de telón de fondo para un plácido pero animado concerto, co flanco marcado pola casa parroquial co seu balcón en esquina, para interpretar músicas como a rapaza de Ipanema ou un tango, a máis doutras máis recatadas, pero en calquera caso, das que te levan como o frautista de Hamelin, onde sexa.

O vídeo, recollido de ‘Don Felisindo‘, Hello Dolly onte.

E eu que me perdín os concertos de agosto ata este…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *