Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Pensamentos lixeiros para agosto. A morte da galiña


A galiña dos ovos de ouro. Os cantís de Augas Santas son algo parello (ou poden selo) para Ribadeo. E agora, despois de anos de xestión deficiente [poderíamos deixalo en insuficiente?], ven a moda que pode facer rematar un monumento como unha escultura de restos aderezada con letreiros estilo servizos descoidados.

Fálase de matar a galiña. Neste caso é máis ben entre todos a mataron e ela soa morreu.

Fotos? Coido que alomenos polo momento, prefiro non poñelas. Son tristes, e levan á indignación e cabreo.

Unha contribución para incitar a difundir algo mellor a quen saiba disto máis ca min:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *