Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O efecto Streisand na Mariña a conto/canto de Miro Casabella


Ben, na realidade nin transcorre en internet, polo que non é exactamente un ‘efecto Streisand‘. Pero o caso de Miro Casabella é algo semellante: o seu concello natal rexeita facerlle un recoñecemento e, de carambola, xorden na comarca actos de desagravio que entendo superan de longo o recoñecemento proposto de xeito inicial.

Foi en Ribadeo en data tan emblemática como o 25 de abril, logo en Viveiro, … será tamén no Valadouro, onde o pleno rexeitou facerllo, desencadeando con elo o efecto, e é de esperar que noutros lugares tamén haberá.

‘Olla meu irmán’, de Miro Casabella, en Youtube:

Máis audios e vídeos de Miro.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *