Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Crise, economía e falsos dogmas, III parte / Nota de prensa de O Tesón


AVV
O Tesón

Nota
de prensa

Ciclo
de charlas

Crise,
economía e falsos dogmas”


charla

Ribadeo,
20131011

Despois das dúas primeiras charlas sobre Crise, economía e falsos
dogmas, a cargo de José Mª Martínez Fernández e José Ángel
Bolaño Penelo, o próximo venres 18, de novo no Salón de Actos da
Casa do Mar de Ribadeo e ás 20:30, terá lugar a terceira, que
manterá Mª Jesús Fernández Álvarez, e que continuará tendo como
referenza para análise os segintes capítulos do libriño ‘Manifesto
de economistas aterrados’.

O ciclo de charlas está valorizándose por si mesmo, en base ás
opinións dos asistentes, que recollemos a idea de que está a pasar
en termos económicos e a súa tradución en termos sociais. Feito e
tradución, en calquera caso, que son expostas non como dogma senón
como elección, contrapoñéndolles outras posibilidades.

Como as pasadas semanas, terá lugar primeiro a charla e de xeito
posterior un coloquio, co público como elemento fundamental, e coa
presenza dos catro ponentes, sobre a temática da charla e sobre a
crise en xeral.

Lembramos que o ciclo vai dirixido a persoas que teñan interese en
saber máis e compartir coñecementos, sen importar que ó inicio das
mesmas o nivel de coñecementos socioeconómicos sexa máis alto ou
máis baixo: un dos obxectivos das charlas é igualar os niveis por
enriba os niveis de coñecemento explicando os conceptos necesarios.

Adxúntase o cartel correspondente á terceira charla.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *