Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota de prensa de O Tesón: charlas de economía e crise


–>

AVV O Tesón

Nota de
prensa

Ciclo de
charlas

Crise,
economía e falsos dogmas”

Ribadeo, 20130929

Preocupada
pola crise, a AVV O Tesón ten organizado para o mes de outubro un
ciclo de charlas sobre ‘crise, economía e falsos dogmas’, no que
colaboran persoas do noso entrono que poden ampliar as nosas miras e
aumentar o noso coñecemento e a nosa conciencia do que está a
pasar na economía actual, a súa relación coas finanzas e os
efectos que sentimos como sociedade.

O
días venres 4, xoves 10, venres 18 e venres 25 de outubro ás 20:30
terán lugar no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo as charlas
e posterior coloquio, dirixida cada unha delas por unha persoa
diferente, coordinados dende o comezo para facilitar un mellor
aproveitamento.

O
fío condutor ó longo das charlas serán os puntos do ‘Manifesto de
economistas indignados’, documento que foi dado a coñecer por un
nutrido grupo de economistas que non deixaron de recibir adhesións
dende entón, e que trata de debuxar un esquema claro que facilite a
comprensión da crise, porqués, consecuencias e alternativas.

A
estrutura de cada charla consistirá nunha moi breve presentación, a
exposición de cada poñente e posterior debate sobre os temas
tratados, en particular, e sobre a situación de crise, en xeral.

O
ciclo vai dirixido a persoas que teñan interese en saber máis e
compartir coñecementos, sen importar que ó inicio das mesmas o
nivel de coñecementos socioeconómicos sexa máis alto ou máis
baixo: preténdese igualar os niveis por enriba explicando os
conceptos necesarios.

Adxúntase
o cartel correspondente á primeira charla.

No blog de O Tesón


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *