(Anterior sobre o mesmo tema: Sen protesta non hai futuro)
A Plataforma
anuncia que continuará coas medidas de presión para recuperar as prazas de
persoal sanitario eliminadas polo SERGAS en Ribadeo e no resto da comarca.
Cualifican de
exemplar a resposta cidadá de hoxe en Ribadeo onde arredor de 300 persoas,
incluíndo persoal sanitario, esixiron por freo aos recortes en sanidade
pública.
A Mariña, 18 de setembro de 2013. A Plataforma Na Defensa Da Sanidade Pública da Mariña, colectivo que
aglutina a colectivos veciñais, de doentes, forzas sindicais e políticas, que
convocou hoxe a concentración para reclamar unha vez mais a paralización e
reversión das políticas que o goberno da Xunta, nomeadamente o SERGAS, por ser
a antítese do que debe ser unha boa xestión da sanidade pública. A Plataforma cualificou
de exemplar a resposta da cidadanía ribadense ante a perda de persoal sanitario
no Servizo de Atención primaria da localidade que devolve, despois dos recortes
perpetrados polo SERGAS, a fai trinta anos a dotación do centro de saúde
despois de perder unha praza de enfermaría, outra de PSX e agora unha médica.
Anuncian que levaran a cabo mais medidas de presión e asistiran ao pleno do
próximo martes onde se debaterá este asunto.
Mais de 300 persoas reclamando o fin dos recortes
sanitarios deberían retumbar na Consellaría de Sanidade para parar esta
desfeita.
A Plataforma
valorou como exemplar a resposta ofrecida hoxe pola cidadanía ribadense aos
recortes no seu Centro de Atención Primaria
que suma á actual perda dunha praza médica, outra de enfermaría e unha
PSX. Dende a Plataforma conclúen que mais de 300 persoas reclamando o fin dos
recortes na calidade asistencial deberon retumbar nas conciencias dos
dirixentes do SERGAS de quen se agarda un cambio de actitude coa reposición do
persoal sanitario suficiente para atender en condicións óptimas a carteira de
usuari@s do centro.
Seguirá habendo presión social para impedir o deterioro
da sanidade pública porque a xente está farta de recortes no que é esencial.
A
Plataforma anunciou que estará presente no pleno do próximo martes onde se
debate a reclamación para recuperar o persoal médico perdido no CAP de Ribadeo,
non descartándose a convocatoria de novas mobilizacións, “hoxe viuse con
claridade en Ribadeo que a preocupación polo deterioro da calidade asistencial
é colectivo e esténdese por toda a comarca”. Lóxico, afirman, cando
a xente vé como a xestión sanitaria da Xerencia de Xestión Integrada
con sede en Lugo aplica a tesoura cebándose cos centros de atención
primaria – tres prazas médicas perdidas en tres meses na comarca – sen
explicacións, nin motivos convincentes mais que o do recorte ou a propaganda
adormecedora. cando na realidade é negro. “O recorte
sistemático nun servizo básico como a sanidade chámase deterioro, degradación
ou desmantelamento pero nunca optimización de recursos como eufemisticamente o
denominan dende o SERGAS” e con isto a
xente xa non traga.
Hai quen se empeña en vender como melloras o que
simplemente é un ataque constante e planificado contra o sistema sanitario
público.
Dende a Plataforma
certificaron hoxe en Ribadeo, como nas concentracións polo mesmo motivo en
Cervo ou en calquera das que ten convocado ou participado que a xente non traga
coas campañas de propaganda que pretenden convencer de que algo é branco cando,
seguindo a costume deste goberno, adoita ser negro. Nesta lña advertiron sobre
os intentos de confundir con anuncios de posta en marcha de servizos como o
oncolóxico no Hospital da Costa, ou outros en carteira, que xa nacen en precario.
Plataforma na
Defensa da Sanidade Pública da Mariña