AVV
O Tesón
Nota
de prensa
Do
Castro das Grobas ó Castro de Coaña
Ribadeo,
20130917
Dentro das actividades da AVV O Tesón, anualmenter vese celebrando
unha viaxe social, á que se invita á poboación en xeral. As viaxes
teñen un obxectivo doble: o coñecemento de circunstancias do noso
entorno coas que se poda establecer unha relación con Ribadeo e o
ser un aglutinante social.
No presente ano, dita viaxe terá lugar o próximo 28 de setembro
tendo como destino o Castro de Coaña e Navia, onde se fará un
pequeno circuíto de visita. Asemade, estánse a preparar outras
actividades dentro da viaxe, como o contacto coa asociación ‘La Casa
Azul’ para a presentación das súas actividades e os seus locais.
A visita está motivada de novo por o ter caído o Castro das Grobas
na falta de mantemento do pouco que se levaba feito, aproveitando a
viaxe a isa zona para entrar en contacto e dar a coñecer unha
agrupación que está a organizar moitas actividades no occidente
asturiano.
A viaxe está subvencionada para os asociados, resultando o prezo do
autobús en 6 € para socios e 12 € para non socios. A saída terá
lugar o sábado 28 da Praza do Mercado en Ribadeo, ás 10 da mañá,
e o retorno espérase para media tarde.
Para inscribirse, poñerse en contacto con algún directivo de O
Tesón ou chamar ós teléfonos 629806592 ou 663749442.
Adxúntase embaixo o cartel.