Adxunto o comunicado da Plaforma de Defensa da Sanidade Pública na Mariñadespois de que o hospital de Burela liberara unha nota autoaclamatoria pola diminución de tempos de espera. Entendo que a nota embaixo non ataca o que coido é en parte unha enxeñaría de números para que as cifras cadren mellor, en razón de que en moitos (senón en todos) se practica ese método, e polo tanto, na comparación entre uns e outros, ou no tempo para un mesmo establecemento, a cousa non importa. Pero, a calidade mellorou?
–
A
PLATAFORMA PÍDELLE AO XERENTE EXECUTIVO DO HOSPITAL DA COSTA MENOS
TRIUFALISMO EN RELACIÓN ÁS LISTAS DE AGARDA DO CENTRO MARIÑAO QUE
SEGUE NOS PRIMEIROS POSTOS DO SISTEMA DE SAÚDE PÚBLICO GALEGO
O
HOSPITAL DA COSTA OCUPA O TERCEIRO POSTO NAS LISTAS DE AGARDA
CIRÚRXICAS E O CUARTO EN PRIMEIRAS CONSULTAS SUPERADO UNICAMENTE
POLOS GRANDES HOSPITAIS PÚBLICOS DA COMUNIDADE
O PECHE
DE CAMAS E A FALTA DE SUSBSTITUCIÓN DO PERSOAL PROVOCARÁ UN NOVO
INCREMENTO DAS CIFRAS A PARTIR DO MES DE SETEMBRO E DENDE A
PLATAFORMA ALERTAN DA ELIMINACIÓN DUNHA PRAZA MÉDICA EN XOVE
A Mariña,
18 de xullo de 2013. A Plataforma na Defensa
da Sanidade Pública da Mariña valorou a publicación por parte do
SERGAS dos datos oficiais de listas de agarda no Hospital da Costa e
confirmou que aínda habendo unha leve rebaixa nos tempos de agarda
tanto en cirurxía como en primeiras consultas esta é relativa tendo
en conta que o centro hospitalario mariñao segue nos postos de
cabeza do sistema de saúde público galego ocupando o terceiro posto
en cirurxía e o cuarto en primeiras consultas con mais tempo de
espera para atención. Neste sentido rebaixan o triufalismo do
xerente executivo do Hospital da Costa a quen lle pediron moderación
nas análises xa que esta pírrica mellora non vai ter continuidade
no futuro coa ausencia de substitucións de persoal e o peche de
camas polas políticas de recorte aplicadas polo goberno galego.
A
PLATAFORMA PIDE AO XERENTE EXECUTIVO DE BURELA MENOS TRIUNFALISMO EN
CANTO ÁS LISTAS DE AGARDA.
A Plataforma
na Defensa da Sanidade Pública da Mariña rebaixou hoxe as
valoracións triunfalistas do xerente executivo do Hospital da Costa
a quen lle pediu moderación nas súas análises dos datos oficiais
do SERGAS sobre listas de agarda no Hospital da Costa. Argumentan que
o Hospital da Costa segue sendo o terceiro hospital da rede pública
galega en listas de agarda cirúrxicas, só superado polo CHUVI e o
CHUAC e con só 1,7 días menos que a media da comunidade. Na mesma
liña en primeiras consultas os datos oficiais sitúan o hospital
mariñao no cuarto posto do sistema con so 0,8 días menos da media e
superado unicamente polo CHUVI, o CHUAC e o Arquitecto Marcide de
Ferrol.
OS
RECORTES ORZAMENTARIOS TEÑEN CONSECUENCIAS QUE SE VERÁN UN ANO MAIS
NOS DATOS DE SETEMBRO.
Dende a
Plataforma acusan ao xerente de obviar a constante derivación de
pacientes da Mariña a outros centros, algo que sen dúbida ten
efectos maquilladores da realidade do funcionamento do centro
hospitalario mariñao e causa molestias constantes á poboación da
Mariña e a saturación do HULA como vimos nestes días. Igualmente
alertan da ausencia de substitucións de persoal e o peche de camas
durante a tempada de verán a pesar do incremento de poboación da
comarca nesta época do ano, é palpábel a rebaixa de actividade no
Hospital da Costa estes días e isto terá consecuencias nos datos
oficiais de agarda que como tódolos anos terá incrementos notábeis
no mes de setembro.
O SERGAS
PREPARA A ELIMINACIÓN DUNHA PRAZA DE FACULTATIVO EN XOVE POR
XUBILACIÓN DO ACTUAL TITULAR.
Dende a
Plataforma alertaron das intencións do SERGAS eliminar unha das tres
prazas médicas do centro de saúde de Xove por xubilación do seu
titular aplicando o mesmo criterio que e Cervo sobre rateos en
relación ao número de pacientes. A Plataforma ao igual que en Cervo
manifesta a súa desconformidade con esta decisión, da que xa
alertaron en días pasado e que empeza a ter visos de realidade.
Advirten de que con medidas como esta baseadas nos recortes
orzamentarios da Xunta en sanidade ademais de deteriorar a calidade
asistencial de nos centros mais próximos á poboación provocan o
colapso da atención especializada. Xove ten na actualidade un censo
de 3.512 persoas e conta con tres facultativos, se sesta decisión é
definitiva quedaría con dous facultativos.
Plataforma
na Defensa da Sanidade Pública da Mariña