Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Actividade da fin de semana: aeromodelismo


Está a xente de Al Corte organizando esta fin de semana (28/29/30 de xuño) o encontro moteiro. Tamén, no aeródromo de Vilaframil, medio centear de aeromodelos, avións, veleiros, helicópteros, multicópteros, … fan demostracións sábado e domingo ante un público na maioría dos propios afeizoados, nun ambiente festeiro de encontro, o que evita formalidades de permisos, premios, organización diferenciada de seguridade, etc. Eo aeródromo de Vilaframil é un lugar ideal para este tipo de encontros anuais organizados polo club de aeromodelismo Nordés de Ribadeo. Un par de exemplos en vídeo e algunha foto:

Aeromodelo aparcado es espera de ser voado.
Levando o avión da cola.
Arrastre para veleiros e hexacóptero.
Vista parcial dun dos ‘hangares’.
Veleiro (e outros ó fondo)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *